Ana Pontón propón iniciar un debate “sereno e con diálogo” para darlle a Galiza un novo status político de nación
O BNG conmemora o 85 aniversario do Estatuto do 36 e a celebración do orgullo LGTBI, “dúas caras da mesma moeda porque simbolizan a defensa da liberdade e da democracia, de dereitos individuais e colectivos”
“Trátase de decidir e de ter soberanía para poder mellorar a vida dos galegos e das galegas”, salienta no acto simbólico na Praza do Obradoiro