Davila pide que se aumente o personal para atender a sobre carga existente nos Xulgados

OLAIA DE PERFILA portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha pregunta na Cámara na que demanda ao Ministerio de Xustiza medidas para mellorar a situación de sobre carga de traballo nos Xulgados.

Davila fai valer o Informe da Inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial que evidencia que os órgaos xudiciais superan o indicador do 150% de carga de traballo. “É consciente de que esta sobredimensionamento de carga de traballo afecta especialmente a Xulgados do Social, de Primeira Instancia, do Mercantil, de Familia ou aos Xulgados de Instrucción? Vai incrementar o Ministerio a dotación de persoal para atender á saturación que padecen os Xulgados, incrementada nos últimos anos de crise?”.

A deputada do BNG pón de manifesto que o 43,53% dos órgaos xudiciais sobrepasan o indicador do 150% de carga de traballo. Davila reprocha que os “distintos Ministerios de Xustiza nada fixeron por correxir esta situación, a pesar de que é un problema sempre sinalado polo ámbito da xustiza e tamén por formacións como o BNG”. Nese sentido, lembra que o estado español ten unha media de xuices por habitantes dez puntos por debaixo da media europea.

Hai que convocar prazas de oposición no ámbito da xustiza

Denunciou que na actual lexislatura “se conxelaron as prazas de oposición e acceso por cuarto turno, e só se cubren as vacantes por xubilacións ou falecementos. Non se fixo nada por aumentar a dotación de persoal nun momento no que a carga de traballo medrou de maneira desmesurada”.

A portavoz do BNG faise eco das demandas do ámbito da xustiza que argumentan a necesidade de crear 815 prazas nun periodo de 5 anos, que suporía a creación de 165 prazas por ano. A parlamentar nacionalista apremia ao Ministerio a adoptar medidas para atallar esta situación, que “en última instancia afecta aos cidadáns, sempre sometidos ás consecuencias dos recortes”.

Razón pola que pide ao Ministerio de Xustica que se convoquen prazas de oposición, e se aumente o personal.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG