Carme Adán: "O cheque bebé non resolverá o problema demográfico en Galiza"

A deputada lembrou que o Goberno de Feijóo converteu a política social “nun campo de minas” e os orzamentos para o ano 2016 constatan as mesmas eivas neste ámbito

Carme Adán

 A parlamentaria do BNG, Carme Adán criticou que o novo conselleiro de Política Social utilice como “bandeira da demografía” o cheque Bebé Zapatero pero “en cutre” porque non resolverá o problema. Vostede presenta os orzamentos con propaganda dunha Galiza como “ o mellor lugar para ser neno, o mellor lugar posible para ter fillos e Galiza terra de grandes promesas” pero o que nos din é que eses nenos e nenas van a atopar unha débeda pública de 13 mil millóns de euros consignada nos orzamentos, “ademais da opaca”.

O Goberno converteu a política social nun campo de minas

O goberno Feijóo converteu a política social “nun campo de minas” e agora vostede intenta “vendernos un slogan pero non a desactivación desas minas”. Vostede, engadiu Adán, nos fala hoxe de dinamización demográfica, novos programas de inclusión, novos servizos socias e nova dependencia pero a realidade é que nos presenta “un cheque Bebé para un ano”, destinando 9 millóns de euros e 6 millóns para bono concilia e bono concilia no rural polo que preguntou a cantos nenos e nenas se pode chegar con nove millóns de euros, porque “en Galiza naceron máis de 19.000 bebés”, firmou.

Cos seis millóns restantes farán un bono concilia, e dicir, seguirán dando axudas “para privatizar e non facer prazas públicas” porque en escolas infantís a cobertura do 33% das prazas privadas tamén están incluídas nesa partida polo que cominou ao conselleiro a dicir o número de prazas públicas e non seguir “torturando os datos”.

Carme Adán

A deputada tamén se referiu ao “bono coidador no rural” do que dixo, xa anterior conselleira anunciou casas niño en quince concellos no ano 2015, cales son, onde están, volveu preguntar a nacionalista e lembrou que Beatriz Mato a maiores, prometera 2.000 prazas públicas en escolas infantís, sabe se abriu algunha ou se vai a ver algunha nova, volveu preguntar Carme Adán.

Política social tamén é crear postos de traballo para a mocidade

A parlamentaria insistiu en que máis de 50.000 mozos e mozas abandonaron Galiza e o problema, explicou, non é só que nazan nenos e nenas, o problema e que mozos e mozas formados neste país non emigren “que teñan postos de traballo”.

Finalmente, a deputada volveu a reclamar axilidade na concesión RISGA para que baixe dos oito meses porque os retrasos, afirmou, “están nas delegacións da Xunta de Galiza, non nos concellos”.

A nacionalista concluíu a súa intervención preguntando sobre dependencia e servizos sociais porque as prazas de dependencia, son como “un expediente X”, resulta imposible coñecer os números reais ao non coincidir os datos do INSERSO cos do Goberno. A conselleira Mato prometeu que os menores con discapacidade non irían a centros de maiores e no artigo 29 da lei de acompañamento, “esa porta de atrás” que vostedes tanto utilizan, especifica que os menores de 16 anos serán atendidos polos equipamentos con persoas con discapacidade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG