O BNG reclama medidas urxentes no Parlamento contra a crise do marisqueo da ría da Arousa

Os deputados, Montse Prado e Daniel Rodas rexistran diversas iniciativas denunciando o incumprimento dos compromisos da consellería do Mar, a escasas semanas do inicio do libre marisqueo

Montse Prado

 O BNG rexistra diversas iniciativas no Parlamento galego instando á Xunta a adoptar medidas para frear a situación dramática que está a vivir o sector do marisqueo da ría de Arousa.

Os deputados xustifican a aplicación urxente de medidas ante a falta de capturas nos Lombos do Ulla, a excesiva presión sobre O Cabido e O Bohído e a desaparición dunha especie estratéxica como é o berberecho, situación que comezou no ano 2012 coa caída de captura na ría de Arousa de 350.067 quilos , “a máis baixa dende o ano 1997” e que posteriormente confirmou que a especie padecía unha alta mortaldade polo parasito Marteilia cochilia.

Por outra parte, os deputados Montse Prado e Daniel Rodas tamén denuncian o incumprimento dos compromisos esgrimidos pola consellería do Mar así como a falta de dialogo da administración co sector.

O BNG reclama medidas urxentes contra a crise marisqueira que está a impedir a actividade das familias que dela viven e que deben enfrontarse a “a un futuro desolador” que mesmo pode provocar o abandono da súa actividade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG