O BNG apoia ao cerco e reclama un novo modelo pesqueiro para Galiza

Daniel Rodas

O portavoz de pesca, Daniel Rodas traslada o apoio do BNG as reivindicacións do cerco e reclama a Consellaría do Mar que exerza como goberno para reclamar ante o Estado e a UE un novo modelo pesqueiro xusto co obxectivo de manter a  actividade e  postos de traballo.

Daniel Rodas en comisión de Pesca

 O parlamentario do BNG   demanda do Goberno galego "responsabilidade" e que  dunha vez a situación que están a vivir as diferentes flotas pesqueiras, que se materializa na paralización da flota do cerco polo actual modelo de reparto, acade unha solución. Para o deputado, resulta unha evidencia  "o fracaso" da aplicación do actual reparto individual no que adquiere  un excesivo peso os "supostos dereitos históricos". Un modelo onde o Goberno español e a Xunta de Galiza entenden que quen máis pesca necesita máis capturas para poder sobrevivir. Este sistema beneficia a quen mais pesca, a quen máis esquilma o mar, en detrimento da nosa flota que é quen menos capturas ten, quen ten reducido os días de actividade (4 días), que ten os barcos máis pequenos e a que maior número de barcos e postos de traballo conta.

 A paralización da actividade, por parte do cerco, escenifica o drama que están a vivir as diferentes flotas fartas de ter que comungar con unhas cotas irreais que non lles permite sobrevivir sendo  sometidos a unhas medidas de control desproporcionadas por non axustarse a realidade. O sector, engade Rodas, acaba sentíndose perseguido. Pero tamén pon de manifesto que o Goberno galego "non fixo nada nestes últimos anos para buscar unha solución a  situación".Daniel 2  (2)

Volve o cerco a denunciar que este modelo de xestión non é xusto despois de que a flota da volanta tamén denunciara que estaba farta de realizar unha actividade irregular e que reclamaba un modelo realista que garanta o emprego a actividade económica e que dignifique a súa profesión. "Situación que tamén está a sufrir o arrastre de litoral que denuncia o actual Acordo pesqueiro con Portugal que lle outorga maiores cotas a flota lusa, que permite que desenvolvan a súa actividade os fins de semana ocupando os nosos mercados e que incluso se lle permite a utilización de artes prohibidas en Galiza". Ao igual que as artes menores no que repercute directamente este modelo de privatización do dereito a poder pescar e de concentrar nuns poucos armadores as posibilidades de pesca, e  véndose igualmente sometidas a cotas como si a súa incidencia fora relevante.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG