Adán pide dignificar as condicións laborais dos Centros de Benestar

Carme Adán cualificou de “campo de minas” as políticas aplicadas por Feijóo e Beatriz Mato na consellería de Benestar

Carme Adán

A parlamentaria do BNG, Carme Adán preguntou ao conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez pola reposición das condicións laborais do persoal dos centros de Benestar e a dotación de material necesario para atender as persoas usuarias.

Pola súa parte, o conselleiro de Facenda afirmou que os empregados públicos están a recibir o 25% da paga extra e serán negociados os días de vacacións e antigüidade. Infórmolle, dixo que xa nos reunimos coas organizacións sindicais e chegamos a “un acordo” polo que Galiza pasa a ser a primeira comunidade que repón os días adicionais. Sobre as prestacións de servizo nos centros de Benestar, afirmou que serán creadas 155 novas prazas ao que a nacionalista respondeu que foron “1.500 prazas as que se recortaron na área de benestar”.

Adán reiterou a súa pregunta sobre a reposición do artigo 19 do quinto convenio do persoal laboral da Xunta nos centros de Benestar, art¡go, dixo, que modificou as carteleiras e supuxo “un réxime escravista”. A deputada amparouse nas sentencias que dan a razón aos traballadores e traballadoras para defender un artigo que permite a conciliación familiar e laboral, gozar dos festivos e non ser os “maiores atropelados”.

Carme Adán

A parlamentaria ademais de reivindicar as melloras salariais, reclamou a dotación de material como lavadoras, grúas ou sabas porque, dixo, “é o mínimo” que pode facer un Goberno en troques de externalizar os servizos.

O conselleiro de Facenda respondeu que a Xunta está actuando “de maneira correcta” sobre o salario, e o tempo de traballo coa creación de novas prazas. No relativo ao inicio da relación laboral, Martínez durante o ano 2016 iniciarán unha nova Oferta pública de Emprego para os dispositivos de política social en función das “posibilidades orzamentarias”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG