Vence insta a seguir o consello de Rajoy e non votar a partidos de fórmulas fracasadas como a do PP en Galiza

Acto simbólico en Ribeira de denuncia da sangría da emigración xuvenil derivada das políticas de recortes do PP

“BNG-Asemblas Abertas é a alternativa para a xente moza o 24M”, asegura Luís Pérez, candidato en Ribeira

VENCE RIBERIA ACTO CONTRA EMIGRACIÓN XUVENILO portavoz nacional, Xavier Vence, convidou a seguir o consello de Mariano Rajoy onte en Pontevedra. “Por unha vez estamos de acordo con señor Rajoy cando convida a non votar proxectos de partidos fracasados, porque en Galiza iso é o que representa o PP, un proxecto político fracasado que esnaquiza os nosos sectores produtivos, que provoca emigración xuvenil a base de recortes, recortes, recortes”. A alternativa a ese “fracaso” é BNG-Asembleas Abertas, con políticas desde os concellos nos que goberna de apoio ao tecido empresarial e a comercio local que se traduce en oportunidades de emprego para a xente moza.

Vence fixo estas declaracións en Ribeira, nun acto simbólico con mozos e mozas de denuncia da sangría da emigración de xente nova, máis de 100.000 mozos e mozas desde que Feijóo chegou á Xunta.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG