Tereixa Paz: “ O PP ten medo a perder as elección e quere tomar os concellos pola forza”

A deputada do BNG afirma que a Reforma electoral do Partido popular é “unha artimaña antidemocrática” para facerse con maiorías absolutas nos gobernos municipais coas que non conta o PP

Tereixa Paz e Goretti Sanmartín

 A deputada do BNG, Tereixa Paz e a Responsábel de Política Municipal, Goretti Sanmartín, denunciaron hoxe ante os medios de comunicación, a intención do Partido popular para facerse “pola forza” cos concellos a través dunha proposta de Reforma electoral que non conta co consenso do resto das forzas políticas.

Goretti Sanmartín censurou que na axenda do Partido popular impera a “falta de transparencia” e a concentración de poder nalgunhas mans. Onte mesmo, dixo, constatamos como Mariano Rajoy perdeu a oportunidade de tratar coa chanceleresa Merkel os verdadeiros problemas dos sectores produtivos galegos e mesmo abordar un problema tan drámatico como o da violencia de xénero.

Neste sentido, engadiu que a primeira hora da mañá era público o caso doutra muller galega asasinada nunha localidade ben próxima á que él pasa as vacacións pero Mariano Rajoy transmitiu á cidadanía que ese “non é un problema político” e por tanto “non se toca”.

Reforma electoral do Partido popular para facerse co poder

A responsábel de Política municipal anunciou unha “intensa campaña” do BNG, a través de propostas nos diferentes parlamentos e transmitíndolle á cidadanía que queremos “outra forma de facer política” con participación social “constante e diaria”. O contrario significa vivir “nun estado de excepción” e volver a tempos pasados.2

Pola súa parte, a deputada do BNG, Tereixa Paz presentou diversas iniciativas de impulso e control á Xunta e preguntou como se pode xustificar “o atropelo” que pretende Mariano Rajoy cunha reforma electoral que, ao seu xuízo, “non conta con lexitimidade democrática”.

A nacionalista considerou que o sentir da cidadanía vai na dirección contraria á iniciativa do PP, a cidadanía, recalcou quere máis democracia e participación e que non lle arrebaten os seus dereitos políticos e liberdades públicas.

Queren gobernar os concellos sen gañar as eleccións

“Estamos ante unha reforma electoral cun único obxectivo, facerse pola forza co goberno municipal”, por parte do Partido popular que evidencia unha debilidade, “a desafeccións das súas políticas regresivas e inxustas que só representan a unha minoría social ”. Teñen medo a perder as maiorías absolutas e como saben que as van perder onde as teñen e noutros lugares non as van acadar, “queren facerse pola forza cos concellos sen gañar as eleccións”.

Para a deputada do BNG, a cidadanía reclama “transparencia e control” e coa elección do alcalde ou alcaldesa máis votada “elimínase o pluralismo político”. Se non é o pleno do concello que representa a cidadanía o que elixe ao alcalde quén vai ter capacidade para “revogalo/a”?

Os concellos, meros apéndices das decisións de Génova

A parlamentaria lembrou que a Reforma da Administración local eliminou moitos dos servizos municipais e coa reforma electoral serán convertidos en “terminais das decisións que toman os grandes capitais financeiros, a troica e a Sra. Merkel”.

A deputada concluíu asegurando que a reforma “fomenta a corrupción” e denunciou que a comisión parlamentaria sobre esta materia, sega “ivernada polo Partido popular” que non quere abordar unha verdadeira rexeneración democrática. Queremos unha reforma que outorgue á cidadanía a participar, obrigar aos cargos públicos a escoitala e poder convocar referendos vinculantes.

A Executiva do BNG estudará emprender accións contra a carga policial en Santiago

A preguntas dos xornalistas sobre a “desproporcionada carga policial” durante a visita de Merkel a Santiago, Goretti Sanmartín anuncio que a Executiva do BNG estudará emprender accións.Concentración

Sanmartín salientou que a convocatoria do BNG non “alteraba” os actos institucionais.As persoas convocadas, militantes e non militantes do BNG, persoas maiores e emigrantes retornados nun lugar afastado do lugar dos actos oficiais, explicou, non puideron desenvolver con liberdade a súa protesta ao negárselle o acceso ao casco vello e someténdoos a identificacións inxustas e discriminatorias. “Denunciamos a actuación policial e amosamos o noso malestar por non deixarnos mostrarlle a Sra. Merkel os verdadeiros problemas que temos en Galiza.”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG