GALEGAS 2020

Rubén Cela: “O PP denuncia as promocións do BNG en Facebook sobre a AP-9 e o 8M por unha perrencha”

“E a reacción que teñen porque no Bloque non estamos dispostos a deixarlles que usen as institucións para facer campaña electoral dopados”, afirma o director de campaña do BNG

Considera "que o PP se retrata” cando pretende silenciar temas como a estafa das peaxes ou a loita feminista que o BNG considera prioritarios

A formación nacionalista alega que esas dúas campañas, por un importe total de 201,28€, forman parte do seu traballo político ordinario

Rubén Cela: “O PP denuncia as promocións do BNG en Facebook sobre a AP-9 e o 8M por unha perrencha”

O BNG atribúe a unha perrencha a  denuncia presentada polo PP ante a Xunta Electoral de Galiza contra as campañas desenvolvidas pola formación nacionalista na súa rede social facebook sobre dúas cuestións das que o Bloque ten feito bandeira ao longo destes anos: a estafa das peaxes na AP9 e a defensa da igualdade das mulleres e das reivindicacións do momento feminista galego.

En concreto, o que motiva a airada contradenuncia do PP ante a XE, asinada pola deputada Paula Prado, son un insercións publicitarias por importe de 99,91€ en Facebook para difundir a sentenza pola que se condenaba a AUDASA a devolver as peaxes cobradas indebidamente durante as obras da Ponte de Rande. E unha segunda campaña na mesma rede social, neste caso por importe de 101,37 €, para difundir a manifestación feminista do 1 de marzo en Verín.

“A denuncia do PP non é máis que unha mostra do cabreo que lles produce que desde o BNG non esteamos dispostos a deixarlles pasar que usen as institucións para facer campaña electoral dopados. E tamén é moi significativo ver como o PP quere poñer mordaza e silenciar a campaña na que falamos da estafa da AP-9 e a campaña a favor da igualdade das mulleres e da manifestación feminista de Verín. Todo o un retrato do candidato Feixóo, pero por moito que lle moleste ao PP, o BNG vai seguir loitando para acabar coa estafa das peaxes e polo dereitos das mulleres”, explica Rubén Cela, coordinador de campaña.

A denuncia foi presentada polo PP con data de rexistro 5 de marzo, xusto o día en que os medios de comunicación se facían eco da decisión da Xunta Electoral de Galiza pola que considera que había lugar á confusión entre o lema de campaña dos populares Galicia é moito co utilizado por unha campaña do Goberno galego, con lemas como O rural é moito. Denuncia presentada polo BNG.

Desde a formación nacionalista xa se presentaron as alegacións correspondentes ao escrito do PP, informando a XE que se trata de campañas motivas pola actividade política ordinario sobre dous temas de gran interese social e nos que o Bloque leva anos traballando. De feito, a campaña en relación á manifestación feminista ven precedida dunha similar en 2019 e 2018.

 

Rubén Cela: “O PP denuncia as promocións do BNG en Facebook sobre a AP-9 e o 8M por unha perrencha”