Rosana Pérez demanda a Soria que paralice a orde de supresión de primas ás eólicas

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na Cámara na que demanda ao Ministro de Industria que paralice a orde ministerial que suprime as primas ás enerxías renovábeis como as eólicas que teñen un importante peso na Galiza.

Pola contra, Rosana Pérez pide a Soria que manteña as primas ás renovábeis, “un sector que custou moito esforzo implantar, de cuxo desenvolvemento, impulso e evolución dependen miles de postos de traballo, que diminúe a dependencia enerxética do estado español, que contribúe á produción de enerxía máis limpa, menos contaminante e a puxar polo crecemento do sector industrial, tan necesario para cambiar o modelo produtivo”.

A deputada do BNG critica a orde ministerial enviada por Soria á Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, na que se fixan os parámetros retribuidos para as instalacións de produción eléctrica do réxime especial: renovábeis, coxeneradores e residuos.

O sector eólico foi pioneiro na Galiza

Unha medida, subliña Rosana Pérez, que vai prexudicar a 55.000 instalacións de enerxía renovábel de todo o estado, e en concreto, “vai ser un golpe para as instalacións eólicas situadas na Galiza”. O que vai facer o Ministerio é eliminar as primas ás renovábeis.

A deputada nacionalista reprocha que o Goberno suprimas as primas despois de que a maior parte destas instalacións se erixisen grazas a este tipo de axudas. “Preocupa ao BNG o caso de Galiza, pioneira na produción eólica. De ser aprobar a orde, o 70% dos parques eólicos deixarán de percibir estas primas”.

Rosana Pérez pón de manifesto que Galiza foi pioneira no desenvolvemento da enerxía eólica. Subliña que as eólicas teñen unha forte implantación en Ferrolterra. Advirte Rosana Pérez que a medida do Ministerio levará ao peche de instalacións e á destrucción de centos de postos de traballo.

Ademáis, “afetactará a unha comarca como Ferrolterra que ten un paro superior ao 32%”. A deputada do BNG traslada a Soria a preocupación da Asociación Empresarial Eólica por esta orde. E salienta que a enerxía eólica vai ser unha das grandes prexudicadas cando o 21% da enerxía xerada no ano 2013 no estado proviña das eólicas.

Critica Rosana Pérez a opción do Ministerio polas grandes compañías eléctricas ás que sempre beneficia. “Custou moito lograr certa concienciación medioambiental no eido da produción enerxética, un certo compromiso coa enerxía renovábel máis limpias e respeitosas co medio ambiente”. “Esta claro que os intereses de grandes eléctricas que non son renovábeis primaron”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG