A oposición planta a comisión de Sanidade ante a negativa do PP a que compareza Rocio Mosquera

O BNG tacha de “nova burla do PP” enviar a unha directora xeral a explicar o ascenso do marido de Rocio Mosquera, agora anulado polo TSXG.

A deputada do BNG, Montse Prado pide a palabra por unha custión de orde

A deputada Montse Prado lembrou que o PP, “facendo uso da súa maioría” impediu que comparecera Rocio Mosquera en sesión plenaria e matizou que o plante na comsión de Sanidade non  era contra a directora de Recursos Humanos do SERGAS, "é contra o proceder do Partido popular".

A oposición planta a Comisión de Sanidade á que acudiu a directora xeral de Recursos Humanos do SERGAS, por iniciativa da Xunta, para informar do proceso na que foi concedida a xefatura do Servizo de Cirurxía do CHUS ao marido da actual conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, Xerente do SERGAS naquel momento, e que agora vén de ser anulada polo TSXG por “desvío de poder”.

 Montse Prado cualificou de “nova burla” do Partido popular enviar a unha directora xeral, sen vinculación no proceso, par dar explicacións do acontecido no ano 2010 polo que solicitou unha cuestión de orde para manifestar a súa protesta.Tras pedir a palabra e abandonando  a comisión neste punto e incorporandose  ao debate das proposicións non de lei previstas na orde do día.

A oposición abandona a comisión de Sanidade

A nacionalista reiterou o seu malestar e afirmou que o PP segue “ríndose de todos os galegos e galegas”. Utiliza a súa maioría absoluta, dixo, para vetar as comparecencias do Presidente da Xunta e da Conselleira de Sanidade e no canto de dar explicacións sobre un proceso, a todas luces, “irregular”, o PP volve a “burlarse” do Parlamento e da cidadanía enviando a unha directora xeral para “cubrir o expediente”.

A deputada lembrou que o BNG e o resto dos grupos da oposición pediron na Xunta de Portavoces a comparecencia da conselleira de sanidade no Parlamento galego para explicar o nomeamento do seu marido, solicitude que o PP rexeitou.

A parlamentaria tamén denunciou que mentres o Partido popular segue coa política de privatización da sanidade pública que prexudica gravemente a todas as persoas, non ten ningún “escrúpulo” a hora de crear unha praza “ad hoc” para o marido da conselleira ou beneficiar a empresas amigas a través da privatización sanitaria.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG