Luís Bará acusa á Xunta de ignorar a Lei de Lusofonía en contraste coa estratexia que si ten Extremadura

Luís Bará
Luís Bará
Luís Bará acusa á Xunta de ignorar a Lei de Lusofonía en contraste coa estratexia que si ten Extremadura

O BNG denuncia que a Xunta deixa en papel mollado a Lei Paz Andrade, o que contrasta co enfoque do Goberno de Estremadura que ten posto en marcha unha “auténtica estratexia” a favor da lusofonía, indicou o deputado por Pontevedra, Luís Bará, “deberían tomar nota”, instou ao Executivo do PP.

Na actualidade, lamentou, a Xunta carece dunha auténtica política de acción exterior, non hai coordinación efectiva ao máis alto nivel, de aí que en lugar dunha acción coordinada e conxunta teñamos unha suma de accións desconectadas e illadas de cada departamento, “e cando xa se cumpriron cinco anos da entrada en vigor da Lei de aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía non existe un balance nin unha folla de rota a este respecto, e moitas das expectativas creadas pola Lei Paz Andrade ficaron nunha declaración de boas intencións”, alegou Bará.

“Mentres en Galiza esta materia segue a ser unha sinatura pendente, outros territorios como Estremadura están a facer os deberes e levan moita vantaxe ao respecto”, salientou o deputado.

En xullo o Consello da Xunta deu inicio á tramitación do  anteproxecto de Lei de Acción Exterior e Cooperación, que deberá fixar os obxectivos, as prioridades e as liñas de actuación neste ámbito.

“A elaboración dunha norma destas características debería ser obxecto dun amplo proceso de interlocución social e institucional, coa participación de persoas expertas, universidades, centros de estudo e análise, concellos, organizacións non gubernamentais de cooperación, e de todos os sectores sociais, económicos e culturais que teñen intereses e presenza no exterior”, concluíu Bará.

 

Luís Bará acusa á Xunta de ignorar a Lei de Lusofonía en contraste coa estratexia que si ten Extremadura