CONGRESO

O deputado do BNG advirte a Pedro Sánchez que só é un apoio para desbloquear a situación política

Néstor Rego
Néstor Rego
“O BNG non se vincula nin se vinculará a súa acción de goberno salvo no concernente ao acordo establecido e a aquelas políticas nas que coincidamos e que representen avances en dereitos, democracia e benestar” recalca Néstor Rego durante a súa intervención.
O deputado do BNG advirte a Pedro Sánchez que só é un apoio para desbloquear a situación política

O deputado do Bloque Nacionalista Galego comeza a súa intervención recordando que o compromiso do partido nacionalista “é defender aquí os intereses de Galiza por encima de todas as cousas”, destacanto unha solución á crise industrial que está pasando factura a sociedade e economía galega.

No contexto do proceso de investidura, Rego destaca que foi capaz de colocar sobre a mesa a Axenda Galega na que se estivo a traballar estes últimos días para conseguir un acordo que desbloqueara a situación dalgúns problemas sociais e económicos que afronta o noso país como a transferencia da AP-9, garantir a continuidade dos postos de traballo da industria electrointensiva como avanzar na loita contra a violencia de xénero, entre tantos.

O deputado diríxise a Pedro Sánchez e lembralle “que o seu goberno cumpra estricta e dilixentemente os seus compromisos cun País que leva demasiado tempo esperando e que ata agora sabe máis de marxinación, esquecemento e incumprimentos por parte dos gobernos españois que de solucións.”

Finaliza afirmando que “o acordo alcanzado entre o PSOE e o BNG, que vai permitir avanzar e mellorar a calidade de vida e o benestar de todos os galegos e galegas” mais advirte que “é só un apoio puntual para desbloquear a situación política e posibilitar que haxa un goberno e non novas eleccións.”