As deputadas do BNG asisten a un encontro co Embaixador de Palestina

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e a deputada, Rosana Pérez, participaron esta tarde nos actos con motivo do Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino.

Trátase duns actos organizados polo Intergrupo Parlamentar por Palestina, do que o BNG forma parte. Os actos celébranse no Congreso e contarion coa participación do Embaixador de Arxelia, Mohamed Haneche, e o Embaixador Palestino, Musa Amer Odeh e organizacións en pro da causa palestina.

Ademáis, a portavoz do BNG asistiu a un encontro co Embaixador de Palestina na Embaixada.

ONU: “a decisión do Goberno español é unha noticia positiva pero hai que ir máis alá”

En relación á Asamblea Xeral de Nacións Unidas que terá lugar mañá para votar a posibilidade de ingreso de Palestina na ONU como Estado observador non membro, as parlamentares do BNG considera que o anuncio realizado ao respeito polo Goberno español, a decisión de que vai apoiar o ingreso de Palestina en Nacións Unidas, “é unha noticia positiva pero hai que ir máis alá”.

Nese sentido, sinalan que “é preciso que o recoñecemento de Palestina non se relegue á ONU, é hora de que se recoñeza o Estado Palestino con todas as garantías e se traballe activamente por unha convivencia pacífica na zona”.

E sobre todo, apelaron “á necesidade de rematar co violencia que Israel exerce sobre o pobo palestino, sometido a continuos bombardeos e ataques que están matando a moita poboación civil. Non se poden permitir os excesos dos fortes sobre os débis, e niso a ONU e a Comunidade internacional non están á altura”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG