Davila pediu a Cañete medidas urxentes para a frota cefalopodeira galega

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, aproveitou na serán de onte unha comparecencia do Ministro de Agricultura sobre a PAC para urxilo a implicarse con firmeza no tema dos barcos galegos excluidos do Acordo de Pesca con Mauritania.

Hai que traballar contra reloxio

A deputada do BNG considerou de suma importanza a pesar de que non estaba na orde do día da Comisión de Agricultura, preguntarlle ao Ministro pola renegociación do Acordo de Pesca Mauritania-UE e os informes científicos que se están a manexar e que aportaron tan só as autoridades mauritanas.

“Dada a gravedade da situación para a nosa frota cefalopodeira e a controversia suscitada en torno aos estudos científicos nos que se ampara Mauritania e tamén a Comisión Europea para non facilitar que a frota galega continúe faenando nese caladoiro, é un tema que non podemos deixar pasar por alto”.

Davila interpelou a Cañete pola “urxencia do tema. Hai controversia porque mentras a propia Comisión manifesta que existe sobreexplotación, por outra parte se di que a especie está en perfectas condicións”. Ademáis, subliñou a deputada do BNG, contamos co Informe do Instituto Oceanográfico. Lembrou que afecta a unha frota composta por 24 embarcacións e 400 mariñeiros, e “o sector sabe, Señor Ministro, tanto armadores como tripulantes, que hai posibilidades de negociar con Mauritania, incluso ten posibilidades de negociar o Goberno español”.

De aí que a deputada do BNG lle demandar a Cañete que “ademáis do traballo ante a UE, negocie tamén directamente con Mauritania para garantir que a frota poida seguer a faenar”. Davila puxo de manifesto a preocupación do BNG polo futuro destes traballadores do mar, nun contexto como actual de grave crise económica, cun paro en níveis moi altos.

RESPOSTA DO MINISTRO Á DEMANDA URXENTE DE DAVILA

O Ministro de Agricultura anunciou á deputada do BNG que “vosté plantexou o problema de Mauritania, e o fai oportunamente. Imos peder que no Consello de Ministros da semana vindeira figure na orde do día e que a Comisión nos diga cal vai ser a súa reacción após o comité científico”.

Cañete recoñeceu a Davila que o comité científico demostrou varias cousas: “demostrou que o stock de polbo neste momento está nunha situación que permitiría iniciar a súa explotación”, e demostrou tamén que “caben campañas experimentais para configurar un sistema de vedas espacio-temporais que poidan mellorar a xestión do recurso, e se demostrou que, se hai vontade política, pódese intentar abrir a negociación”.

O Ministro díxolle a Davila que quer ve se a Comisión vai a abrir a negociación con Mauritania nesta cuestión, e negou a posibilidade de acordos bilaterais Estado español-Mauritania “cando hai acordo bilateral vixente”.

Cañete explicou á deputada do BNG que o labor do Goberno consiste en ter logrado que o IEO vaia ao comité científico, e “en traballar para que se reabra ou se denuncie o acordo”, e engadiu que “o que non pode ser é que se denuncie o acordo para obrigar a renegociar un novo porque se está a pagar a compensación a Mauritania, e a cambio non hai ningún esforzo pesqueiro porque non hai case frota comunitaria que esté faenando no caladoiro”. É dicer, puxo de manifesto que se está a pagar a Mauritania pero a cambio de nada.

Admitiu á deputada do BNG que “é un tema importante, ten toda a razón, non só polo número de barcos e tripulantes, senón ademáis polo feito de que a Comisión negociou mal”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG