Comunicado de BNG, ERC, EH Bildu, tras reunión de traballo de cara a conformar coalición ás europeas

 

 FOTO REUNION BNG+ERC+EH-BILDU2EH-Bildu, Esquerra Republicana e BNG celebraron unha reunión de traballo na que os representantes destas formacións analizaron a situación nas súas respectivas nacións nun contexto político marcado polo anuncio da consulta independentista en Catalunya.

 

 

BNG e EH-Bildu quixeron aproveitar o encontro para expresar o seu total apoio ao proceso democrático aberto pola sociedade catalá, e amosaron o seu respecto e solidariedade tanto a Esquerra Republicana como ao resto das formacións políticas e organizacións sociais que se teñen comprometido a impulsar unha consulta o 9 de novembro de 2014.

 

 

A reunión, celebrada onte en Bilbao, enmarcase dentro dos contactos que ditas formacións manteñen nas súas respectivas nacións e noutros pobos do Estado, na perspectiva de configurar unha alianza ampla polo dereito dos pobos a decidir o seu futuro e pola transformación do modelo socioeconómico.

 

 

No encontro, as formacións arriba citadas concluíron os seguintes acordos:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  • Galiza, Països Cataláns e Euskal Herria son nacións de pleno dereito e aspiran, por tanto, a amosarse como tales no concerto europeo e internacional.
  • As políticas de negación dos dereitos que padecen as nosas nacións e a súa cidadanía incrementáronse coa escusa da crise e das políticas de recentralización.
  • Neste momento histórico, creemos que é necesario explorar vías máis efectivas de colaboración entre as nosas nacións e creemos que no horizonte das eleccións europeas de 2014 é imprescindible visualizar que nin Països Cataláns, ni Euskal Herria, nin Galiza están soas na súa reivindicación a favor dunha Europa que recoñeza o dereito das nacións a decidir libremente o seu futuro.
  • Esquerra Republicana, BNG e EH Bildu son conscientes de que á luz dos procesos de Escocia e Catalunya, pero tamén dos retos sociais derivados dunha profunda crise económica que pon de manifesto o fracaso do modelo neoliberal, as eleccións Europeas de maio de 2014 ofrecen unha oportunidade para expresar que a cidadanía das nosas nacións queren decidir o seu futuro porque aspiran a cambiar de raíz a actual situación de inxustiza.
  • Esquerra Republicana, BNG y EH Bildu manterán canles abertas entre elas e con outras formacións políticas ás que, desde agora, convidamos a traballar conxuntamente para facer posible que o dereito a decidir e a defensa do novo modelo social estean no corazón do debate europeo.

 

 

 

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG