Carme Adán: " A Lei de economía social carece de contido e modelos de financiamento"

A deputada reclamou que no tramite que agora se inicia da Lei sexa recollido no texto: a perspectiva de xénero, medidas e modelos de financiamento

Carme Adán

 Pleno.-A parlamentaria do BNG, Carme Adan afirmou que a lei de Economía social de Galiza carece de “contidos e medidas concretas” polo que defendeu unha emenda á totalidade no debate do proxecto de Lei celebrado hoxe no Parlamento galego. A parlamentaria tamén acusou ao Goberno de elaborar un proxecto sen financiamento e sen solucións e de non ter en conta a “transversalidade de xénero”.Neste sentido, engadiu, que a lei de Economía social debería materializar unha aposta polo autoemprego das mulleres que a partir de 45 anos teñen máis dificultades á hora de atopar un posto de traballo.

A nacionalista, tras cualificar o emprendemento de “búscate la vida como puedas”, afirmou que non existe na nova lei ningunha referencia ao cooperativismo nin introduce “as cativas recomendacións” do Informe de xénero. Adán considerou que existen formulas como a economía do coidado moi relacionada coa economía social polo que mostrou a súa estrañeza ao comprobar que tampouco aparece recollida ningunha referencia no texto. Sería un bo momento, dixo, de introducir a relación entre economía e persoas e “o coidado” cumpre ese obxectivo.

Por outra parte, Carme Adán explicou que existen unha serie de traballos gratuítos realizados tradicionalmente por mulleres que pasaron ao ámbito do intercambio monetario e unha parte importante do mesmo aparecen nalgunhas entidades reguladas polo proxecto de Lei pero “ningunha perspectiva de xénero” ao respecto cando é a mellor lei para recoller precisamente esa “transversalidade de xénero”.

Carme Adán

A deputada confía en que a tramitación da lei, que agora comeza tras ser aprobada polo grupo maioritario do Partido popular acepte as emendas parciais que presentarán os grupos parlamentarios para incorporar a proposta do BNG.

A lei, dixo a parlamentaria tampouco fala de “pobreza ou redistribución” a pesar dos datos de desemprego polo que reiterou o seu desexo de que nos traballos en ponencia sexan asumidas: a perspectiva de xénero, medidas concretas e modelos de financiamento.

Comparecencia do conselleiro de Política Social

 Tras a comparecencia do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey para informar sobre as liñas xerais da política familiar, Adán cuestionou a intervención do conselleiro da que dixo, a pesar de existir unha lei de familia aprobada no Parlamento galego, co voto en contra do BNG, “vostedes non fixeron nada” e hoxe ven a relatarnos o mesmo que xa nos contou, polo menos en tres ocasións.

A parlamentaria preguntou que son as políticas de familia que non teñen en conta as políticas de igualdade e manteñen o “rol de coidadoras” das mulleres cun traballo non remunerado. Falar de políticas de familia, dixo, é falar de políticas de corresponsabilidade e igualdade e dunha programación que non obrigue aos membros desas familias a modificar as súas expectativas vitais de desenvolvemento persoal, laboral, intelectual en función de si queren o non ter fillos e fillas.

 Adán afirmou que non se pode falar de política familiar sen introducir a perspectiva de xénero e vostede só se limitou a facer unha descrición da situación demográfica de Galiza con datos “terribles”. Neste sentido, lembrou que dende que Feijóo é presidente da Xunta produciuse unha perda importante de poboación e un grande envellecemento nos últimos anos. Aumenta o envellecemento da poboación pero non se incrementa a lei de dependencia sobre todo no medio rural, recalcou a deputada.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG