parlamento galego

O BNG pide traspasar a xestión do parque forestal de Castiñeiras á Comunidade de Montes de Vilaboa ante o “desleixo” da Xunta

Paulo Ríos
Paulo Ríos
Paulo Ríos denunciou o “incumprimento”,  por parte da Xunta, do convenio  asinado coa Comunidade de Montes para o mantemento e melloras do parque

O deputado do BNG, Paulo Ríos formulou hoxe un pregunta en comisión sobre o estado de abandono do parque forestal de Castiñeiras e o incumprimento da Xunta para a súa xestión.

Ríos explicou  que existe un convenio entre a Comunidade de Montes, propietaria do espazo, e a Xunta por trinta anos establecendo a responsabilidade da Xunta para o mantemento, limpeza e reparacións  do parque. Ante o incumprimento reiterado do convenio, o nacionalista lembrou que ano tras ano o BNG reclama no Parlamento galego unha solución para que  non sexa só  a Comunidade de Montes a que continúe correndo cos gastos do parque. Ao seu entender, “a solución pasa polo traspaso da xestión do parque, de 20 hectáreas, a mans da Comunidade de Montes”.

Na actualidade o mobiliario está danado, hai puntos de lixo descontrolados, non se fan as podas e limpeza con periodicidade  e non se acometen obras para mellorar o espazo. Dende o BNG, dixo, reclamamos unha valoración da Xunta sobre os traballos realizados e   a realizar  para mellorar o parque así como o “cumprimento do convenio”. No caso de continuar a Xunta  incumprindo o acordado  “ o convenio debe reverter os terreos aos propietarios de montes”.

O espazo abarca os concellos de Marín e Vilaboa e require “unha atención” que non está tendo.  “A Xunta desatende as súas obrigas” e os traballos de mantemento están  a ser asumidos pola Comunidade de Montes, reiterou Ríos.

Si a Xunta continúa “co seu desleixo” debe dar por concluído  o convenio e trasladar a xestión do parque forestal de Castiñeiras á Comunidade de Montes de Vilaboa.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG