parlamento galego

BNG pide aumentar os medios para a tutela de persoas adultas e crear delegacións territoriais para o seu seguimento

Iago Tabarés
Iago Tabarés
Iago Tabarés lembrou que a figura das tutelas e incapacidade foi eliminada hai dous anos e o PP non puxo en marcha ningunha medida para adaptalas aos cambios do 2021

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, o deputado do BNG, Iago Tabarés reclamou máis medidos para a Fundación galega de Tutela de Persoas Adultas, (FUNGA) e reprochou ao PP que nos orzamentos aprobados para o ano 2024 a fundación sexa denominada de tutela para persoas maiores. Non tiveron, dixo, “nin sequera a vontade de adaptarse aos cambios do 2021” e o máis grave  é que a fundación dedica os seus esforzos á protección e coidado das persoas que non se valen por si mesmas e non contan con axuda de fóra.

A fundación, sinalou o nacionalista,  “carece de medios organizativos, persoais e materiais” e mentres tanto o goberno continúa “sen facer nada”, a pesar do incremento de persoas que precisan de  medidas de apoio. No ano 2010, explicou Tabarés, a FUNGA  dispuña de 8 asesoras xurídicas e  7 traballadoras sociais para prestar medidas de apoio a  1.600 persoas,  1.016 tutelas e 122 curadorías e no ano 22,  8 asesoras e 7 traballadoras sociais para  atender o dobre de medidas de apoio,. Agora  constatamos que as previsións orzamentarias da Xunta diminúen e non existen previsión de medidas para mellorar esta  situación.

O deputado do BNG afirmou que diferentes asociación como: Acord, Aspronaga ou  Paideia denunciaron que na actualidade a dotación de persoal da FUNGA fai  imposible poder desenvolver a súa función con 420 persoas dependentes  en situación de vulnerabilidade por cada traballadora social e a falta de seguimento por parte da  Xunta das 200 persoas ao seu coidado.

Nesta liña, o nacionalista preguntou á conselleira de Política Social, Fabiola García   pola previsións e accións a realizar  para corrixir a situación de abandono que sofren as persoas dependentes cuxa protección e coidado ten atribuída  á Xunta de Galiza porque estamos, dixo,  a referirnos a persoas que “precisan apoio e coidado” e a neglixencia da súa Consellería ten consecuencias no patrimonio dos e das afectadas que son  vítimas frecuentes de estafas e delitos, ou de agresións e abusos como os acontecidos nos centro de Souto de Leixa en Ferrol. O deputado lembrou que a propia Audiencia provincial de Ourense xulgou unha estafa continuada a unha persoa baixo o coidado da Funga, delito que a propia Funga descoñecía.

Tras a intervención da titular de Política Social, o deputado do BNG, Iago Tabarés volveu a reclamar máis incremento de persoal, traballadores sociais e crear  delegacións territorias para facilitar o seguimento das persoas ao seu coidado porque o anunciou da titular da consellería de destinar a FUNGA para o ano 2024  a cantidade de 2.163.000 euros  representan “250 mil euros menos” a respecto da anterior cantidade que ascendía a  2.420.000 euros.

Tabarés remarcou que a situación afecta a persoas especialmente vulnerábeis e de maneira especial “con discapacidade sen posibilidade de seren atendidas” e a FUNGA é o seu  último recurso, de aí que dende o BNG reclamemos para estas persoas unha solución inmediata, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG