BNG non apoiará a Feijóo e a Tellado como senadores por designación autonómica

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Olalla Rodil cualifica de “bochornoso e vergonzante” o uso que fai o Partido popular das institucións, neste caso, o Senado co fin de aforrar dous soldos ao PP e servir de altavoz ao partido
BNG non apoiará a Feijóo e a Tellado como senadores por designación autonómica

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil anuncia a  posición do BNG na votación dos  senadores  do PP que terá lugar esta tarde no Parlamento galego. O BNG non apoiará a Núñez Feijóo e Miguel Tellado como senadores por designación autonómica. A nacionalista  cualifica de "bochornoso e vergonzante" o uso que fai  o Partido popular das institucións, neste caso o  Senado, para recolocar a Feijóo e Tellado co fin de aforrar dous salarios ao PP e darlle un "altavoz" ao partido, a costa das galegas e galegos. Resulta un “despropósito” que unha das persoas que escollerá esta tarde o Parlamento galego, Núñez Feijóo, xa anunciou o seu empadroamento en Madrid, polo tanto, "nin sequera vivirá en Galiza".

 

BNG non apoiará a Feijóo e a Tellado como senadores por designación autonómica