parlamento galego

BNG leva novamente ao Parlamento o conflito laboral, represión e manipulación informativa na CRTVG e pide responsabilidades á dirección

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández

Alexandra Fernández acusa á dirección da CRTVG de agravar a situación, a pesar das sentenzas xudiciais favorables ao  persoal traballador

Afirmou que os traballadores e traballadoras non queren unha radio televisión de Galiza ao servizo exclusivo do Partido Popular  e cunha dirección sometida  aos intereses do PP

O BNG levou, novamente ao Parlamento galego a conflitividade laboral na CRTVG ante os continuos ataques da dirección aos traballadores e traballadores e a utilización  e manipulación do medio público para favorecer os intereses do Partido popular.

A deputada, Alexandra Fernández acusou á dirección do entre público de “persecución, represalias  e manipulación informativa”, e pediu responsabilidades ao director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo dun proceder que xa motivou diversas sentenzas xudiciais a favor dos traballadores e traballadoras.

A nacionalista asegurou que a dirección da CRTVG “exerce a represión contra os traballadores que non aceptan a manipulación informativa” e a “manipulación do Partido popular”. Coincidindo co debate na comisión de control da CRTVG, un nutrido grupo de traballadoras e traballadores concentrábanse nas inmediacións do Parlamento galego baixo a consigna “non máis abusos na CRTVG”.

A parlamentaria do BNG  explicou que ante o conflito laboral,  o director xeral respondeu “botando gas e cunha  nova escalada incendiando cada vez  máis a situación”. Pasou, dixo,  ao emprego da “ameaza e coacción” para seguir co control da corporación.  

A deputada  insistiu en que a dirección exerce  represión contra os traballadores e traballadoras que non aceptan “a manipulación informativa”. O problema, recalcou “é a manipulación que exerce o Partido popular”.

Para a nacionalista, a dirección non quere unha solución ao conflito, a pesar das sentenzas xudiciais do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que afirma que a corporación “reprime e vulnera os dereitos fundamentais dos traballadores” ao que sumou as denuncias do Colexio de Xornalistas e  xornadas de folga “nunca vistas nesta casa”.

Por outra parte, criticou que Sánchez Izquierdo “non renda contas” das sentenzas e preguntou cando asumirá responsabilidades porque o argumento de que todo o problema radica no inicio da dixitalización da radio televisión de Galiza “non se sostén”. Este conflito vai máis alá por moito que vostede queira negalo, recalcou.

Na súa intervención, Fernández  afeou que o director da CRTVG aluda ás cotas de pantalla como xustificación porque, ao seu xuízo, as cotas de pantalla “non eximen ao ente público de aprobar o Estatuto profesional, crear o Consello de Informativos, ou  cumprir coa lei de medios”.

Ademais, engadiu, a propia lei de medios  di que o actual director da CRTVG non pode seguir ocupando o seu cargo e polo tanto debe  dimitir ou continuar como  “ verdugo dos traballadores e traballadoras e de escudo humano da corrupción do Partido popular”. Vostede pode dimitir e hoxe sorprendeunos afirmando que é responsabilidade deste parlamento que se produza un cambio de dirección. Das súas palabras, explicou a deputada,  deducimos que  está poñendo nas mans do PP que lle busquen unha saída porque xa non aguanta máis esta situación e pediu a Sánchez Izquierdo que confirmara se ben as súas palabras respondían a unha chamada ao Partido popular ou se realmente está disposto ao relevo e que se  cumpra a lei de medios

Pola súa parte Sánchez Izquierdo volveu a xustificar que os probelmas da CRTVG non son de xestión porque  obedecen a outros intereses alleos ao entre público e que tampouco está disposto a dimitir  mentres non se presente un “recambio pechado” no Parlamento galego.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG