CONGRESO

BNG defende a continuidade da actividade do complexo mar industria

Reunión mar-industria (Cambados)
Reunión mar-industria (Cambados)
Néstor Rego reúnese con representantes do sector para explicar a proposta de transaccional presentada pola forza nacionalista no Congreso para cambiar o artigo 18 da Lei de Cambio Climático en aras de garantir a continuidade destas actividades na liña de costa.
BNG defende a continuidade da actividade do complexo mar industria

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a deputada no Parlamento de Galiza, Monserrat Prado, mantiveron un encontro con representantes do sector mar-industria para trasladarlles a proposta da formación nacionalista sobre a Lei do Cambio Climático e, en especial, en relación ao artigo 18. O BNG trasladou a proposta para a modificación do articulado para asegurar que este sector, un dos principais motores económicos do litoral galego, que ademais é sustentábel e respectuoso co medio poida seguir desenvolvendo a súa actividade económica e xerar riqueza e dinamismo, así como millares de postos de traballo no país.

Tanto a parlamentaria galega coma o deputado no Congreso, sinalaron que este artigo realiza unha modificación encuberta do previsto na Lei de Costas, cambio lexislativo que pon en grave risco a continuidade e o futuro de todas as actividades vinculadas ao complexo mar-industria alimentaria, que necesariamente deben situarse na liña de costa que pertence á zona de dominio marítimo terrestre pertencente ao Estado. Ante o acontecido, o BNG fixo un chamamento ao resto de forzas políticas para que apoiasen a proposta de transacción do artigo 18 da Lei de Cambio Climático e, nese sentido, a formación nacionalista quixo manter un encontro na localidade de Cambados, comarca da Barbanza, para trasladarlle ao sector a súa proposta.

Reunión mar-industria (Cambados)A proposta transaccional que defende a formación nacionalista é a de engadir un novo punto no artigo 18 que recolla explicitamente que “quedarán exceptuados do estabelecido neste apartado os títulos de ocupación do dominio público marítimo-terrestre vinculados ao desenvolvemento de actividades de acuicultura, depuración de marisco e conserveiras ou calquera actividade relacionada co sector mar-industria que teña carácter sustentábel” explica o Néstor Rego. “Isto non supón en ningún caso que o BNG defenda o mantemento de outras actividades como pode ser ENCE na liña de costa, pois son contaminantes e non sustentábeis. Ademais a prórroga da concesión da pasteira, adoptada de xeito irregular, foi xa recorrida xudicialmente e non se vería afectada polo mantemento ou non do artigo 18. ENCE ten que saír da Ría de Pontevedra” subliña o deputado nacionalista.

Pola súa parte, Montes Prado declarou que “a transacción permitiría salvar o tecido socio-económico de moitas poboacións costeiras do país e adecuar a normativa á realidade ambiental do noso país, pois permitirá manter o artigo pero que queden exceptuados de xeito claro o mantemento da actividade do complexo mar industria, pero non as actividades agresivas co medio”.

“O sector mar-industria desenvolve actividades totalmente respectuosas co medio ambiente e xera milleiros de postos de traballo no noso país. É imprescindíbel para o nos País que se mude a Lei e se deixe de poñer trabas ao noso sector produtivo” reivindicou o deputado nacionalista.

BNG defende a continuidade da actividade do complexo mar industria