parlamento galego

BNG cualifica de “estafa” o programa de Vivendas vivas da Xunta

Alexandra Fernández
Alexandra Fernández

Alexandra Fernández propón crear un marco propio para regular e definir  o concepto de  propietario e  vivenda baleira

A deputada nacionalista negou o carácter social do programa de vivendas da Xunta  que  beneficia a propietarios e  entidades financeiras e contrapuxo o discurso do PP no Parlamento galego ao do director do IGUS

A portavoz de vivenda do BNG, Alexandra Fernández defendeu unha proposición non de lei co fin de impulsar un plan galego para a mobilización de vivenda baleira en Galiza e crear “un marco propio” para regular e definir o concepto de propietario e vivenda baleira.

Tras explicar a realidade da vivenda baleira en Galiza, a nacionalista afirmou que as cidades de Vigo e A Coruña sitúanse entre as tres cidades con máis vivenda baleira de todo o estado e que a área metropolitana de Vigo conta con 48.000 vivendas baleiras. Mentres dende o BNG ofrecemos datos, vostedes dixo, fan unha caricatura desta realidade.

A nacionalista reclamou “establecer un marco regulatorio propio para definir os tipos de propietario e definir tamén o concepto de vivenda baleira dende a “realidade galega” e recriminou ao  Partido popular que renegue de exercer as súas competencias nesta materia.

A deputada do BNG criticou que a  portavoz popular, Begoña Freire súa intervención,   fixera unha loa das políticas da Xunta en materia de vivenda e replicou que durante catro anos o programa posto en marcha polo goberno galego “foi un fracaso” incluso recoñecido polo propio director do Instituto galego de Vivenda e Solo (IGUS) por conseguir mobilizar “só 30 vivendas en 4 anos”.

Por outro lado, a nacionalista tamén  criticou o invento da Xunta  dunha especie de “idealista” co fin de vender aldeas galegas e afirmou que este  grande éxito traduciuse na venda de tres vivendas en Sober e 3 na Peroxa. O único para que serviron foi de “fotocol”  para a conselleira porque nunca máis soubemos que pasou con esas vivendas.

Alexandra Fernández tamén cualificou de “estafa” o programa “Vivendas vivas”, un programa que tiña como obxectivo ser un servizo de mediación para que pequenos propietarios de vivenda baleira puxesen a vivendas a prezos limitados a cambio de contraprestacións dende a administración pero a Xunta, unha vez máis copia unha idea pero faino mal porque sostén que este programa é de vivenda baleira e isto, dixo a deputada, “é falso”. O  programa, explicou está dirixido a vivendas sen inquilino nos últimos dous meses. Non só non responde a un programa de vivenda baleira senón que fomenta que non se apuren a buscar inquilinos. Por outra banda os alugueiros establecidos pola Xunta son tan altos que na maioría dos casos, mesmo superan o prezo das vivendas neses mesmos concellos, polo tanto, “falso tamén”.

En Ourense, por exemplo, poden cobrar 150 euros por riba do alugueiro nesa cidade, polo tanto non é ningunha contraprestación para a sociedade e non existe ningunha exixencia aos propietarios a cambio do que reciben.  Este programa “nin vai de vivendas baleiras nin de prestacións sociais, e por riba beneficia con recursos públicos a entidades financeiras”.

O PP defende dous relatos contraditorios

En opinión da deputada, no Partido popular existen dous relatos diferentes, por un lado a portavoz popular, Begoña Feire hoxe tocoulle  ler o discurso falso sobre o programa de vivenda baleira con perspectiva social pero o director do IGUS no transcurso dun encontro con empresas inmobiliarias “contou a verdade” e afirmou  que é importante deixar claro que non é un programa con carácter social e polo tanto hai que desterrar “esta connotación”. O que realmente pretende o programa “e ofrecer un plus de tranquilidade aos propietarios” e sobre todo crear seguridade no mercado coa selección de inquilinos con ingresos acreditados para garantir a renda. “Esta é a voz transparente do director do IGUS” recalcou a nacionalista.

Para a deputada, o programa de vivenda baleira só responde aos beneficios dos propietarios que ofertan ás inmobiliarias a costa do “peto” de  todos e todas as  galegas. Esas vivendas, reiterou,  só teñen que estar dous meses sen arrendar e con topes tan altos exixindo ademais que a vivenda non exceda  máis do 30% dos ingresos para impedir que “inquilinos con baixas rendas non se podan acoller ao programa”.

Alexandra Fernández lembrou que Xunta despois de anunciar un  investimento de 800 mil euros “finalmente o ano pasado executou 40 mil” e dicir, que “non executan nin sequera o que lle prometen ás inmobiliarias”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG