parlamento galego

BNG celebra o consenso para rexistrar unha lei que permitirá a xestión pública do "Panteón de Galegas e Galegos Ilustres"

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Rodil salienta a relevancia da xestión pública, a través dunha Fundación dependente do Parlamento galego, e o recoñecemento das mulleres na nova denominación do "Panteón de Galegas e galegos Ilustres"

O BNG celebra o consenso das tres forzas políticas representadas no Parlamento galego para rexistrar a Lei do  Panteón de  Galegas e Galegos ilustres que será tramitada  o vindeiro 28 de xullo na Cámara galega.

A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil salienta o consenso das tres forzas políticas para a xestión pública  do panteón  no que repousan os restos de figuras emblemáticas como Rosalía e Castelao.

"A lei permitirá esta xestión pública, a travès dunha fundación dependente do Parlamento galego e dende o BNG  celebramos  a forma acordada dunha demanda histórica do nacionalismo galego para que ese espazo sexa de xestión pública e mantendo o sei nome orixinal pero corrixindo un erro histórico, a invisibilización das mulleres". Coa nova lei, que será tramitada o vindeiro 28 de xullo na Cámara galega, o Panteón pasará a denominarse "Panteón de Galegas e Galegos Ilustres". Para Rodil, esta nova denominación è un acto de "xustiza coas mulleres" e sobre todo con Rosalía de Castro. Ademais de salientar o carácter de Fundación xestionada por unha instancia pública e laica , a nacionalista  incide en que non poderán ser soterradas persoas que non acaden a unanimidade das forzas políticas representadas no Parlamento galego e que representan a pluralidade e diversidade de Galiza. "O panteón è un emblema nacional, e coa lei se garante o dereito da cidadanía a honrar ás persoas soterradas neste espazo".

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG