Galegas 2024

BNG e ANOVA instan a facer historia este 18F cun goberno liderado por Ana Pontón para poñer en marcha a mellor Galiza

Encontro BNG - Anova
Encontro BNG - Anova

Chamamento á mobilización masiva e a concentrar o voto do cambio no BNG

Pontón, Beiras e Noriega reflexionan sobre a importancia do momento ante as eleccións máis decisivas dos últimos 15 anos

A candidata do BNG á Presidencia, Ana Pontón,  participou este venres nun coloquio celebrado en Santiago xunto a Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, en representación de ANOVA. Un encontro no que ambas formacións coincidiron en que o 18 de febreiro Galiza pode facer historia cun goberno presidido, por primeira vez nos 43 anos de autonomía, por unha muller e nacionalista.

Encontro BNG - Anova
Encontro BNG - Anova

Pontón, Beiras e Noriega fixeron unha chamada a toda a cidadanía que quere cambio a mobilizarse de xeito masivo nestas eleccións galegas, as máis abertas  e decisivas dos últimos quince anos e nas que Galiza ten unha oportunidade histórica para cambiar abrir un tempo novo que deixe atrás a desfeita de quince anos de goberno do PP. O 18-F, subliñaron,  Galiza xógase non só o novo goberno, senón como vai ser a vida das galegas e os galegos nas próximas décadas.

Xosé Manuel Beiras, Ana Pontón e Martiño Noriega
Xosé Manuel Beiras, Ana Pontón e Martiño Noriega

Nunha conversa aberta, moderada pola xornalista María Obelleiro, coincidiron en facer un chamamento á mobilización e a concentrar o voto na única forza política capaz  de facer que o cambio sexa posible e, con Pontón como presidenta, construír un novo proxecto de País cun goberno que vaia da man da xente e constrúa un futuro mellor para todos e todas.

Durante o coloquio, quedou en evidencia que na cita coas urnas a escolla é entre seguir con máis do mesmo, un goberno do PP con Rueda como presidente, o mesmo que deixa unha Galiza peor da que encontrou, ou un goberno cunha presidenta do BNG capaz de poñer en marcha unha Galiza en grande.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG