O PSOE PERMITIRÁ A INVESTURA DO SR. DOS RECORTES E PERSOA QUE PRESIDE UN PARTIDO QUE ESTÁ SENDO XULGADO POR FINANCIAMENTO IRREGULAR

A decisión do PSOE será lesiva para os intereses das maiorías sociais e regresiva para Galiza

A decisión do PSOE será lesiva para os intereses das maiorías sociais e regresiva para Galiza

A portavoz parlamentaria, Ana Pontón, manifestou que resulta insólito que o PSOE invista como presidente a Rajoy , o “Sr. dos recortes e  persoa que preside un partido que está sendo xulgado por financiamento irregular e despois dunha etapa na que se produciron os maiores recortes dos dereitos públicos e liberdades”. Para a nacionalista con esta decisión, “a oposición queda cautiva” e  Rajoy poderá volver a convocar eleccións cando queira.

Neste sentido, Ana Pontón asegurou que haberá un goberno que continuará cos recortes e coa salvagarda dun réxime esgotado, o réxime do 78 coa súa expresión no bipartidismo e augurou   que o “o cambio real” neste momento está representado polas alternativas nacionalistas que cuestionan este réxime e todos os recortes que nos están intentando impoñer dende as diferentes institucións coa “complicidade” das principais forzas de ámbito estatal.

A decisión da dirección estatal do Partido socialista, engadiu a nacionalista será “lesiva para os intereses das maiorías sociais, traballadores e traballadoras, pensionistas e tamén regresiva para os intereses de Galiza” posto que anuncia un intento de “recentralización da política estatal”.É unha  “irresponsabilidade” do Partido socialista e Podemos que tras as eleccións de decembro tendo a oportunidade de conformar un goberno alternativo a Rajoy frustraron esa posibilidade e provocaron unhas novas eleccións que reforzaron  a posición  da dereita estatal.

 

Pontón tamén se referiu ao recorte de 5.000M€ no Estado que polo que se desprende do informe remitido a Bruxelas, explicou, volverá a ser aplicado sobre a sanidade, a educación e os dereitos sociais así como en todas as competencias da Xunta de Galiza. Nesta liña, recalcou que o BNG “ten as mans libres” para facer unha oposición firme e rigorosa e que estará na rúa cun traballo moi intenso e defendendo os dereitos de todas as galegas e galegos.