BNG demanda que a nova PAC contemple a realidade galega integrada por pequenas e medianas explotacións

Ana Miranda e Carme Aira
Ana Miranda e Carme Aira
Ana Miranda e Carme Aira defenderon o sector agrogandeiro galego durante unha visita a unha explotación de ovino en Vilacote - Castroverde

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada no Parlamento Galego, Carmen Aira, criticaron o resultado do acordo relativo á PAC para o período 2023-2027, en tanto que ao seu xuízo non é satisfactorio para a agricultura galega, xa que non ten en conta a realidade galega, formada na súa maioría por pequenas e medianas explotacións. Así, durante a visita á unha explotación de ovino en Vilacote – Castroverde, reclamaron que tanto á Unión Europea como o goberno do estado defendan o sector agrogandeiro galego nas negociacións que están en marcha sobre á PAC.

Segundo Ana Miranda, o actual deseño do proxecto do Política Agraria Común para o período 2023-2027 “non responde aos obxectivos para os que foi creada xa que non é xuta, nin redistributiva territorialmente, nin ten en conta a realidade galega na explotación da terra e do gando”. Neste sentido considera que as manifestacións de satisfacción do ministro de Agricultura polo acordo só se entenden desde a defensa dun modelo de PAC que favorece aos grandes propietarios.

Miranda e Aira sinalaron que “parece mentira” que o BNG teña que lembrar, reiteradamente, “o mesmo xa que en Galiza as superficies das explotacións é moi inferior ao resto do estado e isto non se ten en conta á hora elaborar a Política Agraria Común”. O sector primario galego “é obxecto dunha discriminación nefasta” a pesares de que hai moitas persoas que viven deste sector e que ademais “coidan gran parte do noso territorio dende as súas explotacións”. Miranda e Aira pediron a Xunta e Estado “que adopten unha postura defensora do sector gandeiro xa que aínda hai moito que dicir nas negociacións da PAC”.

Loitar contra a desigualdade

A deputada no Parlamento Galego, pola súa banda indicou que “o goberno do estado pode e debe negociar a favor de Galiza” xa que “hai elementos como a denominada converxencia dos valores unitarios que unidos á modificación do número e tipo de rexións pode afondar máis na desigualdade na distribución das axudas”. Alertou de que a PAC seguen perdendo peso no marco orzamentario europeo e non recupera mecanismos de intervención e regulación públicos. Denunciou, ademais, que a UE, coa escusa da libre competencia, segue apoiando que as grandes empresas agroalimentarias teñan un posición de supremacía fronte a pequenas e medianas explotacións. “As axudas directas da PAC non deben estar ligadas fundamentalmente ao número de hectáreas senón que debe ser unha axuda por agricultor contribuíndo deste xeito a unha maior cohesión social e territorial”, concluíu.


 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG