Ana Pontón participa na marcha das traballadoras e das traballadores de Ferroatlántica

Alcaldes do BNG da Costa da Morte e Ana Pontón
Alcaldes do BNG da Costa da Morte e Ana Pontón

Onsta a dar apoio masivo ás mobilizacións previstas contra o espolio das centrais do Xallas

Ana Pontón participa na marcha das traballadoras e das traballadores de Ferroatlántica

A portavoz nacional, Ana Pontón,  encabeza a representación do BNG que se suma ás mobilizacións contra a venda das centrais dos ríos Xallas e Grande que pretende Villar Mir, e que arrancan mañá 8.00 horas cunha marcha desde o Concello de Cee e concluirá ás 16.00 horas no Concello de Mazaricos.

Pontón acompañará aos traballadores e traballadoras ao longo de toda esta primeira xornada de marcha en contra do intento de venta das centrais do Xallas, nunha mobilización que concluirá este sábado cunha manifestación en Santiago.

A dirixente nacionalista fai un chamamento a dar un apoio masivo a esta campaña de mobilizacións emprendida polo cadro de persoal que considera “clave” para evitar o espolio das centrais. “Fago un chamamento a participar nestas marchas e na manifestación en Compostela, porque teño o convencemento de que estas mobilizacións son a clave para paralizar o intento de Villar Mir de facer caixa vendendo estas centrais públicas da que a súa empresa só dispón en concesión”, salientou.

Para o Bloque, todo o que rodea ao intento da multinacional de “facer caixa” coas centrais dos ríos Xallas e Grande é “unha páxina negra” que espera que a Costa da Morte e Galiza podan deixar atrás canto antes.

“Todo o que rodea a este expediente, todo o que rode a  esta operación só pode ser cualificado como unha páxina negra que hai que pasar, porque os recursos naturais de Galiza non poden estar ao servizo de que un empresario madrileño, -imputado por suposto financiamento ilegal do PP e investigado na operación Lezo-, pretenda facer caixa cos recursos deste país”.

Neste sentido, a dirixente do Bloque pide “respecto” para Galiza e por iso pide sumar forzas cos e coas traballadoras de Ferroatlántica “en defensa da Costa da Morte e do futuro deste país”.