BNG pide no Parlamento parar os desaloxos nos concellos de Narón, Burela e Ares e que as familias conten con asesoría da Xunta
Alexandra Fernández propuxo ao IGVS iniciar o proceso para a cesión de vivendas da SAREB ao patrimonio público galego
Ante o anuncio do Ministerio da cesión de vivendas en febreiro de 2021, a nacionalista reclamou ao Instituto Galego de Vivenda e Solo solicitar a parte que lle corresponde e incluír na bolsa as vivendas de Narón, Burela e Ares afectadas de desaloxo