[Galegas 2020] Voto por correo de residentes-ausentes

Sobre

A normativa electoral establece o dereito de exercer o voto por correo a todas as persoas de nacionalidade legal española inscritas no censo de residentes ausentes no estranxeiro (CERA), considerando esa inscrición como requisito necesario para o seu exercicio.

1. Inscrición no CERA.

Os Consulados e Embaixadas expoñen as listas electorais vixentes no mesmo período que rexe para a exposición das listas do censo electoral na Galiza (do 17 de febreiro ao 24 de febreiro).

Durante os días seguintes, poden presentarse reclamacións perante as Delegacións Provinciais da OCE ou Consulado, sobre a inclusión ou exclusión no censo, ou instar modificacións de algúns dados persoais, debendo realizarse pola persoa interesada.

2. Solicitude de voto e remisión da documentación electoral aos/ás residentes ausentes.

As solicitudes do voto realizaranse entre o 11 de febreiro e o 7 de marzo (inclusive). Páxina para iniciar o procedemento do voto rogado.

Logo deste trámite, o envío da documentación necesaria para exercer o dereito de voto realizarase non máis tarde do 16 de marzo (ou 24 de marzo, se hai recursos contra a proclamación de candidatos), e conterá a seguinte documentación:

  • Certificado de inscrición no CERA.
  • Sobres de votación.
  • Papeletas de votación correspondentes á circunscrición electoral onde figure inscrito no CERA @ elector/a residente ausente.
  • O sobre co enderezo da Xunta Electoral correspondente á circunscrición onde lle corresponde votar ao electo/a.
  • O impreso destinado a solicitar o reintegro ao/á elector/a dos gastos de franqueo aboados pola remisión do voto por correo.
  • Folla explicativa de todo o proceso.

3. Envío do sobre que contén o voto por parte do elector/a.

@s electores incluíd@s no CERA poden acollerse a dous procedementos para realizar os envíos do seus votos ás Xuntas Electorais.

Do 1 ao 3 de abril poderán exercer o seu dereito ao voto depositando persoalmente os sobres nos consulados ou embaixadas en que se encontren inscrit@s, para a súa remisión por medio de envío electoral á Oficina que se constitúa no Ministerio de Asuntos Exteriores, quen procederá ao envío certificado e urxente dos citados sobres á Xunta Electoral Provincial. Estes envíos deberán contar cun carimbo ou outra inscrición oficial que acredite o cumprimento do prazo de exercicio do dereito ao voto antes do día límite indicado.

Até o 31 de marzo para a remisión do voto por correo ao Consulado.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG