Imprimir

A Xunta do PP ponse de perfil e non mediará para evitar o peche da fábrica galega de ISOWAT

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 05 de setembro de 2019

Noa Presas
Noa Presas

O PP vota en contra da iniciativa defendida pola deputada do BNG, Noa Presas, que instaba á Xunta a mediar ante Abanca ou outro inversor para evitar o peche

A deputada e portavoz de Industria do BNG, Noa Presas lamentou hoxe que os votos en contra do Partido popular impediran que a proposta do BNG para instar á Xunta a exercer como mediadora entre a entidade financeira, ABANCA ou outro posible inversor en ISOWAT e facilitar unha negociación flexible que posibilite o éxito da operación e a continuidade da  fabrica galega, non prosperara.

No debate da iniciativa nacionalista en comisión, a parlamentaria do BNG afirmou que Galiza está nun “claro declive industrial e cun  aumento de empresas en crise”. Para a deputada, os indicadores  demostran  “o fracaso da política industrial dunha década de Núñez Feixóo ao fronte da Xunta de Galiza e a evidencia de que “estamos nunha nova desaceleración da economía que significa menos emprego, menos industria e polo tanto máis desemprego e máis pobreza”.

Presas acusou de  “incapacidade” do goberno Feixóo e do IGAPE para actuar como intermediarios para favorecer o mantemento da actividade produtiva mesmo cando as condicións son positivas.

Hoxe traemos  ao Parlamento a situación de  Isowat, fabrica galega con ameaza de peche pola falta de alternativas. Isowat pertence  ao grupo Invertaresa que entrou en concurso de acredores xa en agosto de 2018 e os traballadoras e traballadoras viven dende entón “unha longa agonía” ante a falta dun comprador, explicou.

Isoswat Made opera con dúas marcas: Made (con fábriga en Medina del Campo) e Isowat, con fábrica no Polígono da Grela da Coruña, as dúas ameazas pero   mentres o goberno da Xunta segue mirando para outro lado,  Made, en Castela, a pesar de estar  menos  modernizada e non ter as condicións de experiencia e innovación da Coruña,  atopou unha  saída.

A parlamentaria do BNG salientou que de non aparecer unha alternativa pode perderse “traballo cualificado e de calidade” polas prácticas de “saqueo” dos propietarios de Invertaresa.

Presas reiterou que o sector ten potencialidade e futuro e Isowat é unha  empresa con longa tradición na Coruña ,antiga Isolux Galiza, dunha empresa avanzada, con produtos de alto valor engadido e unha importante carteira de clientes (Navantia, Endesa, Naturgy, Repsol...) polo tanto “viábel economicamente”, apostilou.

A parlamentaria anunciou que o BNG non vai abandonar aos traballadores e traballadoras de ISOWAT e seguirá presentando iniciativas para reclamar á Xunta que interveña e impida o peche da fábrica.

 

 

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/xunta-do-pp-ponse-perfil-non-mediara-evitar-peche-da-fabrica-galega-isowat/20190905163212025319.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr