Imprimir

Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 23 de marzo de 2020

Portada coronavirus
Portada coronavirus

Queremos poñer a disposición de todas as persoas e colectivos interesados o documento elaborado polo Comité Interno do BNG para o Seguimento da Crise do COVI19, que recolle o conxunto de propostas que o Bloque Nacionalista Galego achegou á Xunta de Galiza para a súa consideración e inclusión entre as que o Goberno galego desenvolva directamente ou traslade ao Goberno central no marco da xestión da crise sanitaria e socioeconómica do coronavirus.

Elaboramos esta proposta e démoslle traslado á Xunta de Galiza por responsabilidade co noso pobo, desde a convicción de que estamos no momento de sumar e de actuar con unidade, con lealdade e con altura de miras fronte á situación adversa e complexa que o noso país enfronta.

Como é lóxico nunha realidade cambiante e inestábel como a que vivimos neste período, non se trata dun documento pechado, senón que poderá e deberá modificarse e ampliarse da man do contraste que o BNG está a facer co conxunto dos axentes sociais e económicos do noso país, aos que tamén estamos a informar da nosa proposta -que igualmente trasladamos á Xunta de Galiza- de creación dunha Mesa Galega de Axentes Sociais e Económicos.

 

Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus de BNG - Bloque Nacionalista Galego
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/crise-coronavirus/propostas-do-bng-facer-fronte-crise-do-coronavirus/20200322193019026799.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr