Imprimir

Néstor Rego reúnese coas persoas emigrantes retornadas para reclamar maior poder adquisitivo para as súas pensións

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 01 de febreiro de 2020

Leirós, Néstor Rego e Montse Prado
Leirós, Néstor Rego e Montse Prado
O deputado recalca que se está abrindo unha vía de solucións, mais grazas ao traballo de protesta que o colectivo de emigrantes [email protected] mantivo durante moitos anos

O deputado no Congreso, Néstor Rego,reuniuse en Vilagarcía de Arousa nun acto público coa Coordinadora Nacional de Emigrantes [email protected], acompañado da deputada Montse Prado e o presidente da asociación Marusía, Xosé Lois Leirós, para explicar as persoas afectadas o punto alcanzado no acordo de investidura para solucionar a “estafa” aos nosos emigantes que traballaron noutros países e “contribuíron tamén ao desenvolvemento económico deste país”.

Emigrantes retornadosRego explica o compromiso asinado no acordo, que pretende modificar lexislativamente o agravio que sofren moitos e moitas retornadas de ter dous Estados pagadores ao mesmo tempo. O deputado é consciente de que non é posíbel resolver todos os problemas polo que protestan as persoas afectadas deste colectivo, mais entende que o fundamental si está recollido neste acordo, “abrindo unha vía de solucións” grazas a loita que e mantivo durante moitos anos por parte de colectivos como os que se reuniron no acto de Vilagarcía.

 


RELACIONADO:

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/nestor-rego-reunese-coas-persoas-emigrantes-retornadas-reclamar-maior-poder-adquisitivo-suas-pensions/20200201135013026447.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr