Imprimir

Néstor Rego: “a nosa prioridade con Lugo será a mellora das comunicacións viarias e ferroviarias”

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 24 de xaneiro de 2020

Néstor Rego, Olalla Rodil e Rubén Arroxo
Néstor Rego, Olalla Rodil e Rubén Arroxo

O deputado do BNG visitou Lugo, onde denunciou a discriminación que sofre Lugo nas súas conexións co resto do país

Néstor Rego mantivo un encontro con veciñas e veciños de Lugo para amosar os compromisos que o BNG conseguiu para Lugo e Galiza

O deputado do BNG no parlamento do estado, Néstor Rego, mantivo un encontro con veciñas e veciños de Lugo, onde presentou as medidas que o BNG conseguiu para o acordo de investidura do estado. No encontro estivo acompañado pola parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, e polo Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo.

“Conseguir unha Axenda Galega é o piar dende o que nos centramos, tendo a Galiza como eixo único, para as negociacións no estado”, declarou Néstor Rego, que engadiu “durante esta lexislatura, o traballo do BNG centrarase en conseguir melloras na calidade de vida das galegas e galegos”.

Estación de Tren

Néstor Rego denunciou a actual situación do transporte en Lugo. “O ferrocarril está chamado a ser un dos medios de transporte que máis crecemento mostren nos vindeiros anos”, declarou o deputado nacionalista nunha visita á estación de tren da cidade.

“A nosa prioridade con Lugo será conseguir investimentos para ter un ferrocarril e unhas conexións viarias dignas”, afirmou Néstor Rego, que lembrou que o ferrocarril “é un elemento de cohesión e vertebración social”. “Lugo precisa que o estado remate as infraestruturas que ten iniciadas”, declarou o deputado BNG.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/nestor-rego-nosa-prioridade-lugo-sera-mellora-das-comunicacions-viarias-ferroviarias/20200124101934026386.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr