O Consello Nacional do BNG aproba o programa e candidaturas ao Congreso e Senado das Xerais 2019

Consello Nacional
Consello Nacional

Maite Ferreiro, Néstor Rego, Iago Tabarés e Carme Dasilva encabezan as candidaturas por Lugo, Coruña, Ourense e Pontevedra nas que tamén estarán presentes, o escritor Suso de Toro, a exdeputada, Tereixa Novo e o debuxante, Kiko Dasilva

Pontón: “Nun escenario sen maiorías absolutas, 1, 2, 3 deputados e deputadas do BNG son máis útiles para Galiza que 23 ao servizo de Sánchez, Casado ou Iglesias”.

O Consello Nacional do BNG aprobou hoxe o programa e candidaturas ao Congreso e Senado, candidaturas, que en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón, están conformadas por persoas que “suman e miran cara o futuro”. Nun   escenario sen maiorías absolutas, afirmou, “1, 2, 3 deputados e deputadas do BNG son máis útiles para Galiza que 23 ao servizo de Sánchez, Casado ou Iglesias”.

Tras manifestar o seu orgullo como muller, feminista e galega pola masiva participación na folga das mulleres e mobilizacións do 8M, Pontón salientou a solvencia, compromiso e amplitude de onda das persoas que conforman as candidaturas do BNG ao Congreso e Senado. 

Por  Lugo, Maite Ferreiro, da que destacou a “forza e o talento dunha muller feminista” ademais do seu labro como  concelleira na cidade de Lugo.

Pola Coruña, Néstor Rego, “unha persoa con traxectoria, compromiso e capacidade incuestionable para dar voz en Madrid ao noso país, como o fixo antes noutros espazos e lugares, desde o traballo pola cultura na cidade de Compostela, na  que foi tenente alcalde, ou á loita en favor dos dereitos e das liberdades democráticas e nacionais como  os 19 de Meirás”.

Por Ourense, o avogado, Iago Tabarés que  volve á primeira liña da política activa e do compromiso e  ilusión polo BNG. Unha persoa, dixo que coñece como poucas Ourense e que xa traballou pola súa provincia desde o Parlamento Galego.

Por Pontevedra, Carme Dasilva, da que destacou a súa grande capacidade de traballo e  intelixencia  para converter a cidade de Pontevedra nunha referencia premiada mundialmente como modelo de urbanismo, mobilidade e igualdade.

Eles e elas, recalcou Pontón,  “son os e as  cabezas dunhas candidaturas para sumar polo noso país”, e ás que  que se reincorporan voces que tamén estarán presentes como: O escritor Suso de Toro, na  lista ao Congreso; a exdeputada Tareixa Novo que encabezará a lista do BNG  ao Senado, e  o actor Miguel Pernas e o debuxante Kiko Da Silva, que apoiarán as candidaturas do BNG para que Galiza conte cunha voz propia.

“Este é o momento de Galiza, pero tamén é  o momento de non deixarse levar pola estratexia do medo que só quere que nada cambie”. Unha  estratexia que pretende asustarnos  con que ven o lobo, desde Andalucía. Pero o lobo, afirmou Pontón , xa está entre nós, é Feixóo e ese PP  “antigalego, antisocial, antiigualdade, antimemoria histórica, e contrario aos  avances sociais para corrixir as desigualdades e  construír unha Galiza con máis capacidade e sobre todo,  sen  depender de ninguén”.

O dilema, asegurou,  non está  “entre o facherío militante e os que non quixeron derrogar a Lei Mordaza, a reforma laboral do PP e tampouco quixeron acabar coa agravio  a Galiza nos orzamentos do Estado. O dilema é “se queremos cambiar o rumbo para que Galiza conte ou seguir nesta inercia que nos precariza  e nos fai ser cada vez menos.Galiza non pode quedar sen unha voz que a defenda no Congreso, a partir do 28 de abril, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG