Imprimir

O BNG vota no Congreso a favor da despenalización da eutanasia

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 11 de febreiro de 2020

Néstor Rego
Néstor Rego

O BNG defende a despenalización da eutanasia, o dereito a que as persoas poidan decidir libremente pór término á propia vida cando por unha situación médica irreversíbel consideren que xa non se dan as condicións para manter unha existencia digna e a facelo de forma segura, pacífica e indolora coa axuda que sexa precisa.

Rego defendía dende a tribuna do Congreso que “debemos pór fin á chantaxe e o tabú de que a vida é propiedade divina e se administra segundo criterios da xerarquía relixiosa” e recalca que “dar a posibilidade de poder elixir non significa obrigar”, pois do que se trata é de ”garantir o dereito a unha morte digna, que fai parte do dereito a unha vida digna”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-vota-favor-da-eutanasia-congreso/20200211195123026534.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr