Imprimir

O BNG urxe ao Goberno central conformar a mesa de traballo para a elaboración do Convenio de Transición Xusta para As Pontes

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 15 de xaneiro de 2020

Néstor Rego
Néstor Rego
Néstor Rego pide no Congreso que se conforme de maneira inmediata a mesa de traballo ante a situación de incerteza que se está vivindo por parte dos traballadores e traballadoras afectadas

O Bloque Nacionalista Galego esixe ao Goberno que se conforme de maneira inmediata a mesa de traballo para conformación do Convenio de Transición Xusta para As Pontes.

O cesamento de ENDESA, non só provocou incerteza sobre o futuro do emprego e o efecto que terá na comarca, senón que está a provocar situacións graves, particularmente nas auxiliares e de maneira directa entre os transportistas meses sen actividade, e por tanto, sen ingresos.

Ante esta situación o BNG demanda unha resposta inmediata por parte do Goberno e entende que non debe haber ningunha dificultade para que de forma maneira inmediata convóquese a mesa de traballo na que participen todas as administracións (Estado, Xunta de Galiza e Concello), a empresa e parte social (sindicatos e colectivos afectados) para acordar o desenvolvemento das medidas, os procedementos e os calendarios.

O deputado Néstor Rego, lembra que no punto quinto do acordo asinado para a investidura, recóllense as liñas básicas de actuación neste ámbito.

 


RELACIONADO:

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-urxe-ao-goberno-central-conformar-mesa-traballo-elaboracion-do-convenio-transicion-xusta-pontes/20200115123334026279.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr