Imprimir

O BNG presenta este mércores ante a ONU a denuncia contra o espolio do Franquismo en Galiza

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 18 de setembro de 2017

Ocupación simbólica do Pazo de Meirás
Ocupación simbólica do Pazo de Meirás

Ana Pontón e Ana Miranda presentarán a denuncia na delegación da ONU en Xenebra

A preguntas dos medios, a portavoz nacional tamén avanzou que este mesmo mércores o BNG presentará unha denuncia ante a ONU contra o espolio do Franquismo en Galiza en relación ao Pazo de Meirás e a outros bens roubados ao pobo galego, así como ante a impunidade coa que aínda actúa o Franquismo no Estado. Pontón indicou que ela mesma encabezará a delegación que presentará a denuncia ante a delegación da ONU en Xenebra.

“Polo que significa o espolio do Pazo de Meirás que pagamos os e as galegas case que a punta de pistola e tamén contra a impunidade do fascismo en España, porque é incrible que haxa persoas perseguidas pola súa opinión, por defender a democracia e, ao mesmo tempo, se permita a exaltación do fascismo sen que haxa ningún tipo de consecuencia”, denuncia.

“É algo que como demócrata me indigna, ver como o Estado español fai a vista gorda fronte a unha fundación que fai exaltación dos crimes do franquismo. Chegou o momento de dicir basta xa e nunca máis franquismo”, concluíu.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-presenta-mercores-onu-denuncia-espolio-do-franquismo-galiza/20170918141640020717.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr