Imprimir

O BNG pide á Xunta que vixíe a operación de Alcoa, tras a venda da maioría do accionariado de Parter

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 16 de abril de 2020

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas reclama activar todas as alertas e afirma que, a día de hoxe, os traballadores non contan con ningunha  información  sobre as previsións de futuro da empresa

Pide unha mesa de seguimento de Alcoa e apostar polo mantemento dos postos de traballo

Noa Presas, membro da Executiva nacional e portavoz de Industria do BNG pide á Xunta que supervise a operación de Alcoa coa venda da maior parte do accionariado de Parter ao fondo riesgo, aproveitando a crise do coronavirus.

A nacionalista reclama “responsabilidade” ao goberno galego ante unha situación que debe activar “todas as alertas”. Por outra parte, asegura que a día de hoxe, os traballadores de Alcoa descoñecen a operación fraguada dende hai meses e que agora se materializa aproveitando “a crise do coronavirus”.

Estamos nun momento no que a pandemia do Covid-19 afecta gravemente á industria galega e o sector precisa de apoio e unha resposta inmediata do Goberno galego polo que reiterou a necesidade de crear una mesa de seguimento sobre a actuación de Alcoa con “transparencia” e apostando polo mantemento dos postos de traballo e do sector industrial. “Esta debe ser a prioridade” e a Xunta non pode permanecer máis tempo ausente, recalca Noa Presas.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-xunta-vixie-operacion-alcoa-venda-da-maioria-do-accionariado-parter/20200416162307026889.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr