Imprimir

O BNG pide á Xunta que cubra as prazas de persoal vacantes na oficina comarcal agraria de Lugo

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 19 de xuño de 2019

Mini
Mini

Rivas critica o abandono do goberno do PP dunha entidade que da servizo a seis concellos con 7.300 explotación agrarias

O portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, trasladou á Cámara galega a situación de precariedade na que se atopa a oficina comarcal agraria de Lugo, e demandou “a dotación urxente” das prazas de persoal vacantes de dous técnicos e un administrativo, que están sen cubrir desde fai un ano.

“Estamos falando dunha RPT que non se cumpre, vaise repoñer ou non porque isto non é un pantalón que se poda remendar, van dotar esas prazas ou van esperar a ver se cae por si sola porque este problema non pode estar sen solucionar tanto tempo porque quen padece esta situación son as persoas do rural e hai que darlle solución”, salientou Rivas, “non se poden abandonar estas oficinas, hai que modernizalas”. 

O deputado nacionalista indicou que a oficina de Lugo presta servizo a seis concellos, -Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei, Rábade, Portomarín e Guntín-,  que suman un total de 7.300 explotacións agrarias, tramita arredor de 1.500 expedientes e preto de cinco millóns de euros en axudas públicas.

Rivas salienta que esta carencia de persoal “trae consigo retrasos nas tramitacións administrativas e nas certificacións, causando graves perdas e malestar no sector agrario da área de Lugo”. Para o deputado nacionalista, a situación desta oficina comarcal agraria “só se entende dentro dunha política de desmantelamento do medio rural galego e nunha transferencia ás empresas privadas de asesoramento e de tramitación”, denunciou.

O goberno da Xunta limitouse a informar de que están facendo unha avaliación dos recursos e das necesidades das oficinas agrarias do país, pero sen compromisos concretos coa cobertura de prazas previstas na RPT desta oficina concreta en Lugo.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-xunta-cubra-prazas-persoal-vacantes-oficina-comarcal-agraria-lugo/20190619140141025056.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr