Imprimir

O BNG pide a rectificación inmediata para que o Hospital de Verín manteña o servizo de paritorio e as gardas de pediatría

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 25 de novembro de 2019

Hospital de Verín
Hospital de Verín

Obrigar ás mulleres a viaxar 90’ para dar a luz “é unha das medidas estrela da Xunta para dinamizar a natalidade?”, interpelaba Pontón

Solicita a comparecencia do conselleiro de Sanidade para que dea explicación deste novo exemplo de desmantelamento da sanidade pública

O BNG presentou unha batería de medidas no Parlamento co obxectivo de obrigar á Xunta á rectificación inmediata da anunciada supresión do servizo de gardas hospitalarias de pediatría e de paritorio no Hospital de Verín, decisión que considera “inaceptable” e un novo exemplo do desmantelamento sen pausa da sanidade pública por parte do PP.

A formación nacionalista tamén pide a comparecencia do conselleiro de Sanidade para que explique a decisión de deixar ao centro de Verín sen servizo de paritorio nin tampouco gardas de pediatría hospitalaria tras o 1 de decembro. Unha decisión que chega despois dunha longa lista de agravios con este hospital e ás portas dunha mobilización anunciada para o 30 de novembro por outros recortes.

“Parécenos inaceptable que se pretenda recortar o servizo de pediatría e paritorio neste centro e resulta inaceptable que se pretenda que as mulleres de Verín e comarca teñan quen viaxar até hora e media para poder dar a luz”, criticou a líder nacionalista, quen se preguntaba se esta era “unha das medidas estrelas do PP para a dinamización demográfica, recortar os recursos a disposición das mulleres”.

Pontón trasladou  todo o apoio do BNG tanto a todas as mulleres afectadas como tamén ao persoal que agora está prestando estes servizos no Hospital de Verín, ao  que se pretendeu responsabilizar do recorte. “Asistimos a un desmantelamento da sanidade pública que se ceba ademais cunha servizo tan sensible como é atención ás mulleres nun momento tan importante como o do parto, e imos parar un recorte que non ten ningunha xustificación”, recalcou.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-rectificacion-inmediata-hospital-verin-mantena-servizo-paritorio-gardas-pediatria/20191125144048026035.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr