Imprimir

O BNG pide ao Goberno a eliminación dos réximes penitenciarios baseados no illamento total

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 07 de febreiro de 2020

Néstor Rego
Néstor Rego
O deputado, Néstor Rego, denunciou no Congreso que o Estado non está cumprir coa vixente normativa penitenciaria ao haber réximes de reclusión total en cárceres do Estado español

O BNG acaba de rexistrar no Congreso unha iniciativa exixindo a eliminación dos réximes penitenciarios baseados no illamento total no Estado español, onde se mantén aínda en vigor a Orde de Servizo 6/2016, de 10 de agosto de 2016, do Subdirector Xeral de Tratamento e Xestión Penitenciaria da SGIP, sobre «Medidas de seguridade específicas para o control de internos incluidos no FIES 1 CD destinados en departamentos de réxime especial».

O deputado nacionalista denuncia que este réxime está fóra da legalidade española, polo cal exixe ao Goberno a retirada inmediata da Orde de Servizo 6/2016 e pregunta cantos reclusos e reclusas se atopan incluídos neste réxime de illamento total, en que centros e nas condicións nas que se están a desenvolver.

Néstor Rego lembra a situación a que foi sometido Julian Assange, un dos casos internacionais máis coñecidos do momento, que estaba baixo esta mesma situación de incomunicación absoluta, tratamento que lle causou graves problemas médicos. Ante esta situación de total illamento, de falta total de contacto humano, e as graves consecuencias que tivo para a súa saúde, diferentes autoridades e organizacións internacionais reclamaron que se puxese fin a este tipo de réximes de reclusión.

Así, a Asociación Médica Mundial acaba de publicar a Declaración sobre Illamento Prisional, aprobada na súa 70ª Asemblea Xeral, celebrada en Tbilisi, un documento no que se revisa o impacto desta medida sobre a saúde da persoa recluída, as normas internacionais sobre o seu uso, as condicións en que poderá ser posta en práctica e a función de médicos e médicas. Neste documento recoméndase a retirada do réxime penitenciario pechado como forma xeral de tratamento.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-pide-ao-goberno-eliminacion-reximes-penitenciarios-baseados-illamento-total/20200207104630026481.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr