Imprimir

O BNG oponse á implantación de peaxes nas autovías que propón o goberno central en funcións

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 14 de agosto de 2019

Autobía da Barbanza
Autobía da Barbanza
Rodil cualifica de “regresiva” a medida porque  obrigará aos galegos e galegas a pagar dúas veces

O BNG  oponse rotundamente á implantación de peaxes nas autovías que cualifica de medida regresiva e cunha finalidade meramente recadatoria que obrigaría as galegas e galegos a pagar dúas veces, afirma a parlamentaria nacionalista, Olalla Rodil.

O  BNG manifesta a deputada, pide ao goberno do Estado español que cese na teima de implantar peaxes nas autovías.“A cidadanía xa contribuímos cos nosos impostos á construción e mantemento destas infraestruturas” e Galiza xa se pronunciou de maneira contundente en contra deste tipo de medidas.

Rodil lembra que o Parlamento aprobou, por unanimidade, unha iniciativa impulsada polo Bloque Nacionalista Galego, no mes decembro na que amosabamos a nosa rotunda oposición á intención do goberno central de estabelecer peaxes nas autovías. A deputada reitera que a medida “é regresiva”, establece barreiras económicas no acceso á servizos básicos como  as infraestruturas viarias, “pon en risco a seguridade viaria e  supón un atranco para o  desenvolvemento económico e cohesión social na Galiza.”

“Se o que se pretende é abordar a situación das autoestradas, dende o BNG exiximos ao   Goberno español que desbloquee canto antes a transferencia da AP-9 para que sexa dunha vez galega e poidamos liberala das abusivas peaxes que converten esta infraestrutura nunha das máis caras de Europa”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-oponse-implantacion-peaxes-nas-autovias-propon-goberno-central-funcions/20190814162509025261.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr