Imprimir

Ana Pontón reclama á Xunta axudas do IGAPE para o sector do transporte por estrada e rebaixas das peaxes da AP-9

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 12 de maio de 2020

Encontro sector transporte
Encontro sector transporte
Destaca que o sector atravesa unha situación económica crítica que  precisa medidas urxentes para manter ás pequenas e medianas empresas    

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón mantivo hoxe un encontro, por vídeo conferencia, con representantes do sector do transporte de viaxeiros por estrada no que tamén participou o deputado e responsable de Ordenación do Territorio e  Mobilidade do BNG, Luís Bará.

Pontón trasladou aos representantes do sector as medidas propostas polo BNG para paliar a crise económica das pequena e medianas empresas do sector que representan un importante tecido económico e laboral  en Galiza.

A nacionalista salientou que o sector aínda non está recuperado da crise do 2008, como reflicte a perda de número de viaxeiros, polo que urxe acometer medidas entre as que destacou: o reparto gratuíto, por parte da Xunta, de máscaras a persoas usuarias do transporte público para garantir a seguridade,  axudas ás Pemes para manter o emprego e servizos e  comezar a traballar sin dilación na  “adaptación  dos contratos de concesión de servizos e os contratos de xestión de servizos vixentes”, tendo en  conta o parón producido pola crise do coronavirus.

“É  necesario garantir a mobilidade de todos os galegos e galegas, con independencia dos seus lugares de residencia” e nese sentido, comprometeuse a impulsar iniciativas nas diferentes administracións para implementar vantaxes  no transporte metropolitano de Galiza con “transbordos de balde, descontos nos prezos dos billetes e estender a   tarxeta de xente nova en todo o territorio galego para promover o transporte público”.

O BNG propón medidas económicas co aprazamento de pagos

Pontón reiterou que a situación económica do sector  é crítica e resulta imprescindible  poñer en marcha un paquete de medidas como o aprazamento de pagos por  leasing, renting, e préstamos destinados a compra de vehículos  ás entidades financeiras moi especialmente por parte das empresas de transporte de servizo discrecional e turístico que “non teñen nin terán ingresos a curto e medio prazo”, así como axudas para que as  empresas poidan  adaptarse a nova realidade dixital coa implantación de aplicacións para a reserva de prazas,  venda online, control de frotas, sistemas de localización en tempo real dous autobuses para os e as  viaxeiros e canais de comercialización para o sector discrecional e turístico.

Ademais, considerou que estas axudas económicas deben incluír a compra de   vehículos adaptados a persoas de mobilidade reducida ou  con enerxías mais eficientes e sostibles.

Pontón apuntou a necesidade de elaborar  campañas, a medio e longo prazo, para fomentar ou uso do transporte público en “autobús como sistema de transporte sostible, seguro e ou único que chega a tódolos núcleos de poboación do noso territorio”.

O BNG insta ao Goberno do Estado a prorrogar os ERTEs e rebaixas na a AP-9

Por outra parte, Pontón afirmou que o goberno central debe “prorrogar os ERTEs máis alá do mes de xuño, de maneira principal no transporte discrecional e turístico”,  ata que se reinicie a súa actividade.

Incidiu na urxencia de “aplicar descontos nas peaxes da AP-9” como xa reclamaron por escrito as catro Federacións do sector a AUDASA e solicitando, como mínimo as “mesmas vantaxes para o transporte público en autobús por estrada que na actualidade benefician ao vehículo privado.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-ponton-reclama-xunta-axudas-do-igape-sector-do-transporte-estrada-rebaixas-das-peaxes-da-ap-9/20200512150602027011.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr