Imprimir

Ana Pontón insta a derrogar as reformas laborais que precarizan o emprego

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 01 de maio de 2020

Ana Pontón
Ana Pontón
Reclama un “gran acordo de país” para saír da crise creando emprego de calidade

Afirma que na crise do coronavirus o máis importante foi o emprego  precarizado, ocupado na súa maior parte por mulleres

Asegura que a situación excepcional de confinamento non pode conlevar o confinamento dos dereitos

Na celebración do 1º de Maio, Día do Traballo, a portavoz nacional do BNG lembra que estamos vivindo unha situación de excepcionalidade marcada por unha crise sanitaria aparellada a unha grande crise social e económica e neste contexto, urxe “derrogar as reformas laborais”  que precarizan o emprego. Para a nacionalista é necesario   poñer en marcha “un gran acordo de país” para saír da crise  cunha alternativa económica que aposte por crear emprego de calidade.

Ao longo destas semanas, explica Pontón puidemos constatar como o emprego máis precarizado foi o emprego máis importante para enfrontar a crise e a maior parte dese emprego ocupado  por mulleres no ámbito sanitario, nos supermercados ou no ámbito da limpeza e coidados.

Unha das leccións desta crise é a urxencia de rematar coa precariedade neses segmentos laborais e esta perspectiva debe centrar “todos os grandes acordos” que a partir de agora se van a  producir. Estamos ante un primeiro de maio excepcional e ante unha  situación de confinamento pero non podemos permitir que tamén se “confinen os nosos dereitos”. Hai  que traballar nunha alternativa social para superar a crise do coronavirus e facelo  confiando e apostando polas  posibilidades e potencialidades  que ten Galiza.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-ponton-insta-derrogar-reformas-laborais-precarizan-emprego/20200501123808026970.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr