Imprimir

Ana Pontón: “O do AVE é un vacile a Galiza”

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 17 de xaneiro de 2020

Ana Pontón
Ana Pontón
Responsabiliza a PP e PSOE do que considera un exemplo de como as forzas estatais tratan a Galiza

Desde Vigo e a preguntas dos medios, a portavoz do BNG, Ana Pontón, cualificou de burla o novo anuncio de retraso na chegada do AVE a Galiza, do que responsabiliza a PP e PSOE.

“O do AVE é un vacile porque levamos anos soportando anuncios de retrasos na alta velocidade a Galiza con gobernos do PP e con gobernos do PSOE. Ía chegar no 2009, 2012, 2016, 2018, 2019, estamos no 2020 e o único que sabemos é que por responsabilidade do PP e do PSOE, mentres noutros lugares do Estado levan décadas desfrutando o AVE, Galiza leva 25 anos de mentiras, enganos e incumprimentos, o que é unha auténtica tomadura de pelo”.

Para o BNG o Goberno tense que poñer a traballar para que a chegada do AVE non se demore máis, “pero esta é unha responsabilidade compartida das forzas estatais e unha mostra máis de como tratan a este país”, salientou Pontón. Para a líder nacionalista, “nas últimas semanas comprobamos que para que Galiza conte o importante é ter no Congreso forzas políticas propias como o Bloque, que vai condicionar o seu apoio a que se cumpra coa axenda galega e cos intereses deste país”.

“Imos seguir traballando nesa senda, tanto na chegada do AVE como na modernización do transporte ferroviario”, destacou.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-ponton-do-ave-vacile-galiza/20200117192358026309.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr