Imprimir

Ana Miranda reclama a inmediata liberación das e dos presos políticos cataláns

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 06 de setembro de 2018

Raül Romeva, Ana Miranda e Oriol Junqueras
Raül Romeva, Ana Miranda e Oriol Junqueras

A eurodeputada do Bloque forma parte dunha delegación internacional que mañá visitará as e os representantes políticos na cadea

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visitará mañá ás presas e presos políticos cataláns nas cadeas de Lledoners, Puig de les Basses y Mas d'Enric, xunto a unha delegación de eurodeputadas e eurodeputados membros da “Plataforma Diálogo UE-Catalunya”, integrada por membros de diversos grupos parlamentares europeos.

Esta delegación está integrada polo exministro esloveno Ivo Vajgl, a eurodiputada socialista de Portugal Ana Gomes, as eurodeputadas do Sinn Féin Martina Anderson e Lynn Boylan, o flamenco Mark Demesmaeker e a francesa da esquerda Marie-Pierre Vieu, entre outras e outros MEPs de diferentes forzas dos Pobos do Estado español.

“Esta visita é moi agardada xa que levamos varios meses de negativas do Estado para visitalos”, afirmou a eurodeputada do BNG. Trátase da primeira visita que un grupo de parlamentares internacionais poderán facer aos presos políticos, xa que o anterior Goberno estatal do PP non concedeu a autorización para entrar nos recintos penitenciarios de Madrid.

A delegación europea visitará a Oriol Junqueras, Raül Romeva, Josep Rull, Jordi Turull, Joaquim Forn, Dolors Bassa, Carme Forcadell, Jordi Cuixart e Jordi Sànchez. Precisamente Miranda xa pedira na sesión plenaria do pasado mes de marzo, como cuestión de orde, que o Parlamento Europeo se interesara pola situación dos exeurodeputados, Raul Romeva e Oriol Junqueras, daquela presos en cadeas madrileñas.

“É unha clara inxustiza e unha decisión política o que está acontecendo cos políticos cataláns encarcerados. Queremos visitalos para trasladarlles a nosa máis rotunda solidariedade, humanidade e apoio político e afecto sen fisuras”, subliñou Ana Miranda, quen defendeu que a única opción “de recibo” é a súa inmediata posta en liberdade.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-miranda-reclama-inmediata-liberacion-das-presos-politicos-catalans/20180906124519022746.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr