O secretario de Montes, presente na comisión de Agricultura, négase a responder ao BNG

Tereixa Paz anuncia que pedirá amaparo á Mesa do Paralamento por vuleneración dos seus dereitos como deputada ante a negariva de Montes a responder a unha pregunta dirixida ao Goberno

Intervención de Tereixa Paz

 A deputada do BNG tiña a intención de formular unha pregunta na Comisión de Agricultura sobre “o posible pacto” entre Celbi (Portugal) e Ence (Galiza) para facerse co mercado da madeira dos dous países e impoñer os prezos que perciben os produtores. A pregunta do BNG dirixida ao Goberno tiña que ser respondida polo secretario xeral de Montes pero Tomás Fernández Couto, presente na Comisión, delegou a resposta no membro do Consello Galego da Competencia o que provocou que a nacionalista renunciara a formular a pregunta e anunciara que elevará unha protesta ante a Mesa do Parlamento

Santiago de Compostela, 25 de xuño, 2015. A deputada do BNG, Tereixa Paz principio a súa intervención mostrando o seu “estupor” ante a negativa do secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto a responder á pregunta do BNG dirixida ao Goberno e delegar a resposta nun membro do Consello Galego da Competencia, a pesar de atoparse Fernández Couto na Comisión de Agricultura para responder a diversas preguntas da orde do día.

Tereixa Paz anunciou que solicitará o “amparo” da Mesa do Parlamento polo acontecido na Comisión na que “estando presente” o Secretario Xeral de Montes para responder a unha pregunta dirixida á Xunta , “se esconda” e decida que debe ser outra persoa a que responda. Paréceme, dixo, “unha falta de respecto” a min e ao meu grupo parlamentar e anunciou que elevará unha protesta e pedirá o amparo da Mesa do Parlamento ante a vulneración dos seus dereitos. A pregunta, reiterou, non vai dirixida a vostede, vai dirixida ao Goberno e debe ser o secretario xeral de Montes quen responda.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG