Rosana Pérez acusa ao Goberno de "pretender comerciar cos permisos de residencia"

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, rexistrou unha iniciativa na Cámara para criticar a proposta realizada polo Goberno de otorgar permisos de residencia a cambio de que os estranxeiros merquen unha vivenda por un importe superior aos 160.000 euros.

Esta proposta foi verbalizada hai dous días polo Secretario de Estado de Comercio quen anunciou a intención do Executivo de modificar a Lei de Estranxería para dar permisos de residencia aos que adquiran unha vivenda por máis de 160.000 euros. “Medida destinada sobre todo aos mercados ruso e chino”, dixo.

Cando vai modificar a Lei de Estranxeiría?

Rosana Pérez pregunta ao Goberno cando vai presentar a modificación da Lei de Estranxeiría e se o vai facer botando mán dun Real Decreto ou dun proxecto de lei. “Sabe o Goberno que o estoupido da burbulla inmobiliaria puxo de manifesto a imperiosa necesidade de investir en desenvolvemento tecnolóxico, en I+D+I, en cambiar o modelo económico. Máis lamentabelmente o Executivo vai na dirección contraria, defende os intereses da banca”.

A deputada do BNG acusa ao Executivo de “tropezar na mesma pedra e dar de comer á especulación pura e dura. Por riba, comercia cos permisos de residencia, compra de piso a cambio do permiso, o que dará lugar a un tráfico comercial alarmante. O Goberno abre a espita a outro negocio fraudulento, a especulación está servida”.

“Non cre que está instaurando dúas clases de estranxeiros, os que poden pagar un piso e os que non?”, pregunta a deputada do BNG.

Rosana Pérez demanda ao Goberno que en lugar de defender constantemente os intereses da banca, aposte pola “creación de vivendas sociais, tanto de compra como de aluguer, a prezos asequíbeis para as familias e dacorda ás súas condicións económicas”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG