O PP vota en contra de iniciar un concurso público aberto a investigadores postdoutorais

O deputado do BNG, Cosme Pombo tamén reclamou máis investimento en I+D+i para un maior desenvolvemento socioeconómico de Galiza

 Cosme Pombo

A través dunha proposición non de lei, o deputado do BNG, Cosme Pombo instou á Xunta a convocar un concurso público, “non excluínte”, competitivo baseado en méritos e criterios de calidade investigadora, aberto a todos os investigador@s postdoutorais, independentemente do plan polo que previamente foran contratados pola SUG e garantir a continuidade do colectivo, “Ánxeles Alvariño”, así como garantir a igualdade de oportunidades, á hora de poder concorrer ás convocatorias públicas de axudas públicas.

A inciativa defendida polo deputado nacionalista foi rexetiada polo grupo maioritario do Partido popular.

Na súa intervención,  Cosme Pombo agradeceu o apoio dos grupos da oposición á iniciativa nacionalista á que considerou “xusta reclamación da equipa de investigadores Ánxeles Alvariño” e lembrou que o BNG xa no ano 2009, no período bipartito, apostou por definir unha carreira científica e de formación pola que Galiza foi recoñecida naquel momento como a comunidade autónoma “que máis e mellor apostou polo persoal investigador”.

O parlamentario recalcou que esa aposta ía encamiñada a participación a nivel europeo así como “reter o talento e traer para a súa terra aos investigadores e investigadoras”.

Cosme Pombo

Cosme Pombo lamentou, que unha vez máis, o Partido popular non apoie as reclamacións dos investigadores e investigadoras que si contan co apoio das tres universidades galegas, “non reclaman prebendas nin novas prazas”, dixo, pero é que a maiores, existe unha orde que “exclúe taxativamente a uns investigadores que poden ir a Portugal, Flandes ou Bélxica” mentres na nosa terra non os aproveitamos.

Cosme Pombo afirmou que para o BNG, “Galiza non pode perder estas tres xeracións de investigadores” despois da inversión feita neles e cunha avaliación positiva. Todos os países de Europa invisten en investigación, Alemaña pasou do 2% a un 2,5%, logo un 2,8% e xa camiña cara o 3% mentres nós comezamos nun 0,6, estamos no 0,84 e camiñamos “cara abaixo”.

 Temos potencial e unha importante canteira de investigadores e investigadoras no Ánxeles Alvariño que Galiza necesita para o sector leitero, naval, automoción e a aeronáutica necesario para potenciar os nosos sectores produtivos, a creación de riqueza, o noso desenvolvemento económico e a nosa saúde. O BNG, concluíu, “apoiará sempre o talento e a investigación galega”.

 A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG